Barbate é unha localidade da provincia de Cádiz, Andalucía. No ano 2008 tiña 22.851 habitantes. A súa superficie é de 142km² e ten unha densidade de 159,4 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 11' N, 5º 55' O. Atópase situada a unha altitude de 14 metros e a 64 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.
Áchase na costa próxima ao cabo de Trafalgar.
Tradicionalmente foi unha poboación pesqueira dedicada tanto na pesca nos caladoiros marroquís como na pesca do atún mediante a arte tradicional da almadraba.
Trala guerra civil, a localidade é refundada e separada de Vejer de la Frontera e pasa a chamarse Barbate de Franco, contando cun consistorio propio. Non foi até o 7 de marzo de 1998 cando perdeu o apelido Franco mediante decreto da Xunta de Andalucía.[1][2]
Ten un núcleo urbano e algunhas pedanías importantes: Zahara de los Atunes, Los Caños de Meca e Zahora. Posúe 25 quilómetros de costa, onde se encontran as praias de Mangueta, Zahora, Los Caños de Meca, Hierbabuena, Nuestra Señora del Carmen, Cañillos, Pajares e Zahara de los Atunes.