Saltar ao contido

Ricardo Carballo Calero

Esta páxina está semiprotexida ata o 24-06-2020
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carballo Calero»)

Modelo:BiografíaRicardo Carballo Calero
Nome orixinalRicardo Leopoldo Ángel José Gerardo Carballo Calero [1]
Coñecido como:
Ricardo Carballo Calero [2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12]
Desde 1981 asinou:
Ricardo Carvalho Calero [2][4][8][13][14][15][16][17][18][19][20][21]
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1910 Editar o valor en Wikidata
Ferrol Editar o valor en Wikidata
Morte25 de marzo de 1990 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Boisaca Editar o valor en Wikidata
Cargos
Membro da Real Academia Galega, 1958
Datos persoais
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalDereito, Filosofía e Letras
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Director de teseSantiago Montero Díaz Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, belas letras, filoloxía hispánica, lingua galega e literatura galega Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Ferrol
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
OcupaciónCatedrático de universidade
EmpregadorSeminario de Estudos Galegos
Partido Galeguista
Real Academia Galega
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEnsaio, poesía, narrativa
Pseudónimo literarioEduardo Colmeiro
Leopoldo Calero
Martinho Dumbria
Namiq Ziyá
José Loureiro
Fernando Cadaval
Ilex
Erik Larsson
Sanguijuela Corpus Christi Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Popular da República Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoguerra civil española Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoAraceli Herrero Figueroa Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Ignacia Ramos Díez Editar o valor en Wikidata
FillosMargarita Carballo Ramos
M.ª Victoria Carballo-Calero Ramos Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Gran Enciclopèdia Catalana
Diccionario biográfico español Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 94827 Galiciana: 341422 BNE: XX1123049 AELG: 405 BUSC: 981013405409807712 Dialnet: 47994

Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Autor dunha extensa obra, está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Erik Larsson, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria, Namiq Ziyá, P. F. (Pauviños Fontenla) .[22]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Casa natal, en ruínas, en 2018.

Naceu na rúa San Francisco do Ferrol Vello, sendo o primoxénito do empresario Gabriel Ricardo Carballo Naia e de Dolores Calero Beltrán, que terán cinco fillos máis, dous deles mortos nos primeiros anos de vida.[23] Tras cursar os seus primeiros estudos no Colexio Comellas, tendo como titor o escritor Manuel Comellas[24], cursou por libre o bacharelato e trasladouse a Compostela en 1926 para estudar Dereito (licenciouse en 1931) e Filosofía e Letras (licenciado en 1935) e cumprir co servizo militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da época, especialmente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carballo, integrado no movemento nacionalista e tomando parte no activismo estudantil na Federación Universitaria Escolar, da que chegou a ser presidente. En 1931 participou na creación do Partido Galeguista e contribuíu á redacción dun dos anteproxectos non considerados para o Estatuto da Galicia. En 1933 volveu a Ferrol, gañou a praza de auxiliar administrativo no Concello da cidade e casou con María Ignacia Ramos, licenciada en Historia e compañeira de estudos universitarios.

Nestes anos Carballo Calero contribuíu con numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.

Estudou por libre a carreira de Filosofía e Letras, licenciándose en 1936 pola Universidade de Santiago de Compostela, participando ao mesmo tempo activamente no movemento galeguista tanto a nivel local como nacional, sendo nomeado presidente do partido en Ferrol. En abril de 1936 foi elixido compromisario pola provincia da Coruña para a elección do presidente da República dentro da candidatura da Fronte Popular.[25]

Golpe de estado, defensa da República e cárcere

[editar | editar a fonte]

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno en Madrid no momento en que concorría ás probas para profesor de instituto en Lingua e Literatura Española.[3] Carballo decantouse polo bando republicano, entrando en combate como miliciano no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, o sindicato no que Calero militaba, co grao de tenente e participou na defensa de Madrid. Caeu prendido no fin da guerra, na fronte de Andalucía, e foi condenado en consello de guerra a 12 anos por separatista e recluído no cárcere de Xaén. A etapa de prisión foi aproveitada por Carballo para estudar alemán. A súa novela Scórpio recolle a experiencia vital deses anos, tal como, en certa medida, a comedia A sombra de Orfeo, a peza teatral Os xefes, de 1982 e algúns poemas, como Fugíamos da nossa vila, incluído na colectánea Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985).

En 1941 saíu en liberdade provisional volvendo para Galiza, e regresando á súa cidade natal.[26] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1941 por ser directivo do Partido Galeguista, que foi sobresido en setembro de 1944.[27] Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), no que exerceu como "conselleiro delegado", pois non estaba autorizado para ser director.

Ditadura franquista

[editar | editar a fonte]

Restableceu os contactos cos galeguistas que ficaran no país, moi especialmente con Francisco Fernández del Riego, con quen mantivera correspondencia desde o cárcere.[12] En paralelo ao seu labor docente desenvolveu nestes anos un importante traballo investigador, iniciado coa tese de doutoramento Aportaciones fundamentales a la literatura gallega contemporánea,[28] dirixida por Santiago Montero Díaz, defendida en Madrid o 9 de decembro de 1954 coa cualificación de premio extraordinario e publicada en 1955 na colección Gredos co título Aportaciones a la literatura gallega contemporánea.

A proposta de Ramón Otero Pedrayo, Florentino López Cuevillas e Xesús Ferro Couselo, ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 17 de maio de 1958, pronunciando o discurso Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, que foi respondido por Otero Pedrayo.[29] Logo de varios anos de traballo en 1963 publicou a obra Historia da literatura galega contemporánea, feita por encargo de Editorial Galaxia.

En 1965 autorizóuselle a exercer o ensino público como agregado de instituto no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, ao tempo que comeza a impartir aulas de galego na universidade.[30] En 1967 foi galardoado co Pedrón de Ouro.[31] Por fin, en 1972 obtivo por oposición a cátedra compostelá de Lingüística e Literatura Galega acabada de crear.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]
En Vida Gallega en 1928.

Os estudos de Carballo atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Rexurdimento e os traballos do profesor Manuel Rodrigues Lapa, Carballo Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terían continuidade no movemento reintegracionista, feito que lle impelería a asinar como Carvalho Calero pero tamén lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida.[32] Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.[26]

En 1979 foi nomeado por Alejandrino Fernández Barreiro, responsable do departamento de educación da Xunta Preautonómica, presidente da comisión encargada de establecer unhas normas lingüísticas para o uso administrativo da lingua galega. Xubilouse en 1980 mais mantivo a súa actividade creadora e seguiu colaborando con diversas asociacións, como a Associaçom Galega da Língua (AGAL), de tendencia lusista, e da cal era membro de honra. En 1981 foi nomeado membro da Academia das Ciências de Lisboa.

O escritor

[editar | editar a fonte]

Autor dunha extensa obra literaria e de creación, sobre lingua e sobre literatura.

Narrativa

Henrique Dacosta sinala catro eixes temáticos na súa narrativa:[33]

  • Narracións que orbitan arredor da crise da fidalguía (A xente da Barreira, 1951).
  • Narracións centradas no imaxinario autobiográfico do autor (Scórpio, 1987).
  • Narracións de natureza introspectiva (Aos amores serodios, 1979).
  • Narracións de natureza allea ou foránea, mesmo exótica (A cegoña, 1975)
Poesía

Foi o xénero co que se sentiu máis identificado. A poesía "era unha sorte de relicario, un precioso ben ao que se aferrar por se tratar dun instrumento necesario sobre o que verter as súas inquedanzas, dúbidas, alegrías, pensamentos... Os poemas posteriores á guerra civil son máis sombríos que os precedentes... Frecuenta o clasicismo con referencias de natureza histórico-cultural."[34]

Segundo Pilar Pallarés "a súa poesía conecta intimamente coa europea e é testemuño, temática e esteticamente, dun século XX do que Carvalho se recoñece fillo"[35]. A súa obra poética, na que hai modernismo, neotrobadorismo, hilozoísmo, creacionismo, ultraísmo etc é ampla: (Pretérito imperfeito 1927-1961 -que recolle os primeiros libros-; 1980, Futuro condicional (1961-1980), 1982; Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985), 1986; Reticências... (1986-1989), 1990).

Nº 1 de Grial, 1963.
Teatro

Segundo Henrique Monteagudo "A súa produción dramática, relativamente ampla, e en parte relacionada coa súa actividade didáctica no Colexio Fingoi, sitúase entre a tradición galega, estilizando a temática popular, e a conexión co teatro europeo coetáneo (teatro do absurdo), entre o clasicismo e a experimentación, con técnicas do teatro chinés, fórmulas expresionistas e aproximacións á linguaxe cinematográfica."[35] O seu teatro fala dos problemas da comunicación humana, da maternidade, do fracaso do amor, da comprensión e a sátira contra a ambigüidade política.[36] En Teatro completo (1982) recóllense as súas creacións, "Farsa das zocas" (Grial nº 1, 1963) é a máis coñecida.

Ensaio

Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). E a obra máis extensa para o coñecemento da literatura galega Historia da literatura galega contemporánea (1963 e 1975), fonte indispensable para os estudos posteriores. Ademais de estudoso de Rosalía de Castro foi tamén editor de importantes figuras da literatura galega (Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas..).

É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), a máis completa ata ese momento e a primeira ferramenta para o ensino da lingua galega. Ademais destacan, entre outras, Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983).

Cunqueiro, Fernández del Riego e Carballo Calero en Compostela nos anos trinta.

Desde 1997 a súa biblioteca persoal forma parte dos fondos bibliográficos do Parlamento de Galicia, adquirida xunto co seu arquivo persoal. A colección está formada por 4.872 volumes de monografías e coleccións de 197 títulos de revistas. Entre o heteroxéneo material da colección destacan documentos persoais e docentes, correspondencia, expedientes e recortes de prensa, obra propia e allea, así como material gráfico (láminas, mapas, planos e carteis). Os fondos atópanse nunha das salas da biblioteca parlamentaria que leva precisamente o nome de “Sala Carballo Calero”.[37]

Cátedra Carvalho Calero

[editar | editar a fonte]

En 2024 a Universidade de Santiago de Compostela creou a cátedra institucional Carbalho Calero, que ten por finalidade central a investigación, divulgación e promoción nacional e internacional da obra de Ricardo Carvalho Calero. É igualmente da súa incumbencia fomentar o estudo da literatura galega contemporánea. Creouse por acordo do consello de goberno da USC o 26 de abril de 2024. O 28 de xuño dese ano nomeouse Carlos Quiroga como primeiro director, e a cátedra inaugurouse de forma oficial o 23 de setembro de 2025.[38]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Obra completa

[editar | editar a fonte]
Exemplar numerado e rubricado de Cantigas de amigo e outros poemas.
Cancelación de antecedentes penais en 1963.[46]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
Cartel dunha conferencia de 1929.

Epistolarios

[editar | editar a fonte]

Conversas

[editar | editar a fonte]
Entre os membros do SEG en 1928, con 18 anos de idade. De esq. a d. De pé: Otero Pedrayo, Losada, López Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira, García Paz, Pintos, Fraguas e Fernández Osorio-Tafall. Sentados: Parga Pondal, Moralejo Laso, Carro, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Álvarez Limeses e Novás.

Edicións

[editar | editar a fonte]
  • Versos iñorados ou esquecidos, de Eduardo Pondal (1961). Vigo: Galaxia-Centro de Estudios Fingoy.
  • Contos populares da provincia de Lugo (1963). Vigo: Galaxia.
  • Poesías, de Rosalía de Castro, con Lydia Fontoira Surís (1973). Vigo: Patronato Rosalía de Castro.
  • Ramón Cabanillas. Escolma de poemas (1976). A Coruña: Real Academia Galega.
  • Prosa Galega I: Desde os primeiros oitocentistas ao grupo Nós (1976). Vigo: Galaxia.
  • Antonio López Ferreiro. Escolma de prosa galega (1978). Real Academia Galega.
  • Teatro Nós (1979). Follas Novas. 215 páxs. ISBN 84-85385-13-6. Edición e estudo de O bufón del Rei (Vicente Risco), A lagarada (R. Otero Pedrayo), Os vellos non deben de namorarse (Castelao).
  • Prosa Galega II: Dos novecentistas aos nosos días (1978). Vigo:Galaxia.
  • Prosa Galega III: Da época trobadoresca ao neoclasicismo (1980). Vigo: Galaxia.
  • Afonso X o Sábio. Cantigas de amor, de escarño e de louvor (1983). Con Carme García Rodríguez. Sada: Ediciós do Castro.
1ª promoción de Filoloxía Galego-Portuguesa. De pé: Vázquez, Figueiras, González, Castelao, Verao, Gayoso, Giráldez, Ogando, Cambeiro e Mato. Sentados: Queizán, Ferreiro, Salinas, Roca, Morán, García e González. Cada un leva na man unha obra de R.C.C.

Publicacións na Universidade de Santiago de Compostela

[editar | editar a fonte]

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
Escultura en Compostela, por José Molares.
  • Antoloxía da poesía galega actual. Nordés (1978) Ediciós do Castro.
  • Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativa (1980). AS-PG/Xistral.[60]
  • Castelao contra a manipulación (1984). Xistral.
  • Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza 1984 (1986). AGAL.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986). Concello de Lugo.
  • Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento (1988). Ediciós do Castro.
  • Actas do II Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (1990). AGAL.
  • Comentarios de textos contemporáneos (1992). Xerais.
  • Tamén navegar (2011). Editorial Toxosoutos.

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • Trinitarias (poesías) (1928). Ferrol: El Correo Gallego. Prólogo de Nicolás García Pereira.
  • La soledad confusa (1932). Santiago: Imprenta Nós.[61]
  • Poesía perdida (1993). Edición de Claudio Rodríguez Fer. Sada: Ediciós do Castro.
Necrolóxicas, nótese a convivencia das dúas formas do seu apelido que empregou en vida: "Carballo" e "Carvalho".
  • Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955). Madrid: Gredos. Biblioteca Románica Hispánica. Colección Estudios y Ensayos, nº 25.
  • La poesía gallega del siglo veinte (1955). Madrid: Universidade de Madrid.
  • Gramática elemental del gallego común (1966). Vigo: Galaxia.
  • Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea (1966). Barcelona: Real Academia Galega.
  • Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro (1972). Santiago: Universidade.
  • La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (1987). Sada: Ediciós do Castro.[62]
  • El grupo Nós (2019). Madrid: Antonio Machado libros. (Póstumo)

Edicións

[editar | editar a fonte]
  • Cantares gallegos, de Rosalía de Castro (1963 e 1969). Salamanca: Anaya.
  • Cantares gallegos, de Rosalía de Castro (1974). Madrid: Cátedra.
  • Antología literaria bilingüe (1983). De Castelao, edición, tradución e notas. Madrid: Taurus.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En 1981 foi nomeado Membro de Honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. En 1984 concedéuselle a Medalla Castelao, en 1986 pechou o Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística que deu lugar á creación da Mesa pola Normalización Lingüística,[63] en 1987 obtivo o Premio da Crítica de narrativa galega pola súa novela Scórpio.

En 1990 O Facho rendeulle homenaxe cun ciclo de conferencias. Nos anos 2000 e 2010, conmemorando o seu pasamento e o centenario do seu nacemento, celebráronse diferentes homenaxes sobre todo en Ferrol. Fillo Predilecto de Ferrol dende o ano 1990, o Parlamento de Galicia nomeouno por unanimidade Fillo Ilustre de Galicia desde 1996[64].

Estivo en varias ocasións (2008, 2010, 2013, 2015, 2016, 2017 e 2018) entre os nomeados polos membros da Real Academia Galega para dedicarlle o Día das Letras Galegas. Finalmente, en xuño 2019 foi o único candidato proposto e a figura escollida polo plenario da RAG para ser a figura homenaxeada o Día das Letras do ano 2020, coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento.[65]

Leva o seu nome un centro de ensino público da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o IES Ricardo Carballo Calero, no barrio de Caranza de Ferrol.[66] Tamén o Complexo Deportivo Carballo Calero de Carballo e o Centro Cultural Carvalho Calero de Ferrol.

Desde 1990 convócanse os premios Carvalho Calero de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]


  1. ↑ "Centenário Carvalho Calero. Cronologia". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2019.
  2. 1 2 "Carballo Calero, Ricardo" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  3. 1 2 "Membros da Academia. Ricardo Carballo Calero". Real Academia Galega.
  4. 1 2 "Carballo Calero, Ricardo". Diciopedia do século 21 1. 2006. p. 432.
  5. ↑ "Carballo Calero, Ricardo". Enciclopedia Galega Universal 4. p. 422-423.
  6. ↑ "Carballo Calero, Ricardo". Diccionario enciclopédico galego universal 13. Ir Indo para La Voz de Galicia. p. 43. ISBN 84-7680-429-6.
  7. ↑ "Carballo Calero, Ricardo". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo. pp. 180–183.
  8. 1 2 Vilavedra, D. (coord), Cochón, I. et al (1995). "Carballo [Carvalho] Calero, Ricardo" en Diccionario da Literatura Galega, volume I (Autores).
  9. ↑ Fernández del Riego 1971, p. 256, 260, 269–271.
  10. ↑ Fernández del Riego 1992, p. 73.
  11. ↑ Méndez Ferrín 1984, pp. 102-104.
  12. 1 2 3 Epistolario a Fernández del Riego (2006). Editorial Galaxia.
  13. ↑ Ricardo Carvalho Calero Biblioteca Virtual Galega. Universidade da Coruña.
  14. ↑ Gómez Sánchez; Queixas Zas (2001). Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). pp. 185, 201, 225, 235, 247, 248, 251, 269, 270, 280, 281, 313, 332, 344.
  15. ↑ Marco 1992.
  16. ↑ García Negro 2010.
  17. ↑ Fernández Lorenzo 2019.
  18. ↑ Pardo de Neyra 2019.
  19. ↑ Cajaraville 2020.
  20. ↑ Dacosta 2020.
  21. ↑ Rabuñal 2020.
  22. ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: c". www.ogalego.eu. Consultado o 10/9/2019.
  23. ↑ García Negro 2020, p. 16.
  24. ↑ «Centenário Carvalho Calero. Cronologia» Academia Galega da Língua Portuguesa.
  25. ↑ El Correo Gallego, 28/4/1936, p. 1.
  26. 1 2 Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
  27. ↑ Expediente de responsabilidades políticas de Ricardo Carballo Calero e outros
  28. ↑ Carballo Calero, Ricardo. Aportaciones fundamentales a la literatura gallega contemporánea [Tese de doutoramento]. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2025. Consultado o 23 de outubro de 2023.
  29. 1 2 Carballo Calero, R. (2020). Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía. Real Academia Galega.
  30. ↑ Villanueva, Malores (30/10/2020). "Don Ricardo, o profesor vocacional". La Voz de Galicia. Consultado o 31/10/2020.
  31. ↑ Villares Mouteira, Félix. "Ricardo Carballo Calero · Otras firmas". Diócesis de Mondoñedo-Ferrol. Consultado o 31/10/2020.
  32. ↑ Rodríguez Fernández, José Luis (17/10/2018). "Carvalho Calero converteuse nunha bandeira sen el procuralo". adiante.gal.
  33. ↑ Dacosta 2020, p. 66.
  34. ↑ Dacosta 2020, p. 47.
  35. 1 2 "Letras Gal-Actual - Real Academia Galega". academia.gal. Arquivado dende o orixinal o 03/04/2020. Consultado o 9/2/2020.
  36. ↑ Dacosta 2020, p. 55.
  37. ↑ O pazo do Hórreo Arquivado 19 de novembro de 2018 en Wayback Machine. na páxina web do Parlamento de Galicia.
  38. ↑ "Sobre a Cátedra – Cátedra Carvalho Calero" (en portugués). Consultado o 2025-10-15.
  39. ↑ Salterio de Fingoy en Google Books.
  40. ↑ Contén a produción xa publicada en Vieiros, O silenzo axionllado, Anxo de terra, Poemas pendurados dun cabelo e Salterio de Fingoi.
  41. ↑ Nicolás, Ramón (17/11/2019). "Fillo de Eva (88 poemas de Ricardo Carvalho Calero), edición de Pilar Pallarés". Caderno da crítica. Consultado o 18/11/2019.
  42. ↑ "Clube". Através Editora área editorial da AGAL (en portugués). Consultado o 1/10/2019.
  43. ↑ "Beleza, verdade [Ricardo Carvalho Calero]". A poesía necesaria. Arquivado dende o orixinal o 05/08/2020. Consultado o 14/8/2020.
  44. ↑ Rabuñal, Henrique (Xaneiro-xuño, 2020). "Ricardo Carvalho Calero, poeta da beleza e da verdade". Grial. LVIII (225, 226): 75–76. ISSN 0017-4181.
  45. ↑ Fernandes, Paulo (2022-08-03). "Paulo Fernandes: "Mais da metade dos poemas de 'Feixe levián', de Carvalho Calero, estão completamente inéditos"". Nós Diario. Consultado o 2022-08-03.
  46. ↑ Araguas, V. (2010). "Moitos seguimos a chamarlle mestre" (PDF). Galegos (Ézaro Ediciones) (9): 122–126. ISSN 1889-2590. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de setembro de 2016. Consultado o 13 de agosto de 2016.
  47. 1 2 3 4 Fernández del Riego 1971, p. 260.
  48. ↑ Contén: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre e Auto do prisioneiro
  49. ↑ Contén: O fillo, Isabel, A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A árbore, O redondel, Auto do prisioneiro, Os xefes.
  50. ↑ Dobarro, Xosé María. "A primeira novela da posguerra". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 116–117. ISBN 84-9757-097-9.
  51. ↑ Marco, Aurora. "Criar prosa en galego". Crítica e autores I. Biblioteca Galega 120. La Voz de Galicia. pp. 117–118. ISBN 84-9757-097-9.
  52. ↑ Publicado en castelán como Escorpio en 2022, por Cielo Eléctrico Narrativa. Tradución e prólogo de Carmen Blanco. 352 páxs. ISBN 978-84-12-51911-2.
  53. ↑ Versa sobre Rosalía, Pondal, Curros, Noriega Varela, Cabanillas, Amado Carballo e Manuel Antonio.
  54. ↑ Reedicións en 1981 e 2001.
  55. ↑ Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero en Cervantesvirtual
  56. ↑ Bouzas Gorgal, Belén (14/11/2017). "Epistolario Ricardo Carballo Calero/Ramón Piñeiro (Historial dun libro)". Boletín Galego de Literatura 0 (51). ISSN 2174-4025.
  57. ↑ "Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo". publicacions.academia.gal. Consultado o 2021-04-29.
  58. ↑ Galicia, Xunta de (2023-01-13). "O volume ‘Unha amizade con Ferrol ao fondo’ editado co apoio da Xunta reúne a correspondencia entre os escritores Carvalho Calero e Tomás Barros". Xunta de Galicia. Consultado o 2023-04-17.
  59. ↑ Antón L. Galocha (1977). "Carballo Calero. Do galeguismo e da língoa". A Nosa Terra. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2019. Consultado o 09 de agosto de 2019.
  60. ↑ "Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2018. Consultado o 28 de decembro de 2018.
  61. ↑ Iglesias, Xabier (15/3/2014). "La soledad confusa". OslibrosdeAnxelCasal.blogspot.com.
  62. ↑ Contén oito artigos en galego.
  63. ↑ A Mesa, ed. (21 de xuño de 2019). "A Mesa reivindica a figura de Ricardo Carvalho Calero, que mañá será elixido protagonista do Día das Letras de 2020". Consultado o 21 de xuño de 2019.
  64. ↑ P, Redacción. "Entregado o premio » Ricardo Carvalho Calero» de investigación lingüística". Galicia Ártabra Digital. Consultado o 31/1/2020.
  65. ↑ "O Día das Letras Galegas de 2020 estará dedicado a Ricardo Carballo Calero". Real Academia Galega. 22/6/2019.
  66. ↑ IES Ricardo Carballo Calero Consellería de Educación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • “Vida de sabio nun país ingrato”. Fernán-Vello, M.A.
  • “Da vida e da obra: tres Carballos”. Blanco, Carme
  • “O tenento Carballo”. Rodríguez Fer, Claudio
  • “Traxectoria galeguista dun significado escritor”. Fernández del Riego, Francisco
  • “Xa somos esquerda”. Rodríguez Sánchez, Francisco
  • “Elógio da razom prática”. L. Suevos, Ramom
  • “Carvalho Calero e a língua portuguesa da Galiza”. Montero Santalha, J.M.
  • “A aplicaçom sucessiva da doutrina lingüística em textos de Carvalho Calero”. Henríquez Salido, Mª do Carmo
  • “A língua agarimo de tradiçom e arma de progresso”. García Negro, Mª Pilar
  • “Política e planificaçom lingüísticas nos escritos de C. Calero”. Prieto Alonso, Domingos
  • “Na poesía de preguerra”. Salinas Portugal, Francisco
  • “Anjo de terra”. Souto Presedo, Elvira
  • “Scorpio ou a moi intelixente contra-cruzada dun fantasma”. Martínez Pereiro, Carlos Paulo
  • “Intertextualidade, contra-obra e reteatralizaçom”. Herrero Figueroa, Araceli
  • “Rafael-Orfeu: a sombra de um mito”. Marco, Aurora
José Martinho Montero Santalha en Ferrol, nas xornadas: "Ricardo Carvalho Calero no século XX galego".
  • “Prólogo”. Meilán Gil, José Luis
  • “Carvallo Calero novelista”. Villanueva, Darío
  • “O compromiso cultural de Carvalho Calero: a reintegraçâo lingüística galego-portuguesa”. Montero Santalha, José-Martinho
  • “A obra lingüística de Carvalho Calero”. Mariño Paz, Ramón
  • “Carvalho Calero: o teatro e a vida”. Guisan Seixas, Joâo
  • “A narrativa de Carvalho Calero na encrucillada dos anos cincuenta”. Forcadela, Manuel
  • “Ricardo Carvalho Calero: a elegancia do intelectual comprometido”. Fernán-Vello, Miguel Anxo
  • “Ricardo Carvalho Calero, Gallaecia Magna”. Rodríguez Fernández, José Luís
  • “Algúns recordos de Carvalho Calero”. Díaz Pardo, Isaac
  • “Carballo Calero no diagrama da comunicación dramática. Carballo, poeta dramático e ironista” Arquivado 25 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Herrero Figueroa, Araceli
  • “O professor, o mestre, o amigo: evocaçom saudosa”. Marco, Aurora
  • “O discurso metapoético de Ricardo Carvalho Calero”. Álvarez Cáccamo, Xosé María
  • “As pegadas de Manoel Antonio na poesía de Ricardo Carvalho Calero”. March, Kathleen
  • “Carvalho Calero: mitos para un exílio”. Pallarés, Pilar
  • “Reflexións sobre a Segunda República”. Barreiro Fernández, Xosé Ramón
  • “A descrición na obra narrativa de Carvalho Calero. Análise retórica e hermenéutica”. Casas, Arturo
  • “Como sair do cerco. A legitimaçom galeguista da Literatura Galega por Carvalho Calero e a génese da sua centralidade no campo da crítica literária”. Torres Feijó, Elias J.
  • “Carballo Calero, un xove nacionalista. 1926-1936”. Beramendi, Justo
  • “Limiar”. López, Teresa; Salinas Portugal, Francisco
  • “Ricardo Carvalho Calero escribe a Xosé Filgueira Valverde. Dados para a antoloxía da poesía galega do ano 1936”. López, Teresa
  • “Do carácter híbrido da narrativa breve de Carvalho Calero. (Da ambigua verdade intempestiva de Aos amores seródios)”. Martínez Pereiro, Carlos Paulo
  • “A gramática galega no século XX. O contributo de Carvalho Calero”. Álvarez Blanco, Rosario
  • “"Auto do prisioneiro" nas Mostras de Ribadávia: a recepçom cénica da obra dramática de Carvalho Calero no período refundacional do teatro galego”. Biscainho Fernandes, Carlos Caetano
  • “Momentos de memoria persoal e comunal de RCC”. Blanco García, Carmen
  • “Carvalho Calero e a lingua galega: coherencia, compromiso e visión de futuro”. Freixeiro Mato, Xosé Ramón
  • “Carvallo Calero novelista”. Villanueva, Darío
  • “Pensamento, intervención e ciencia”. García Negro, María Pilar
  • “Ricardo Carvalho Calero, soliloquio contra a desesperanza”. Rodríguez, Francisco
  • “O labor universitário de Ricardo Carvalho Calero”. Rodríguez Fernández, José Luís
  • “Etapas no pensamento linguístico de Ricardo Carvalho Calero”. Montero Santalha, José-Martinho
  • “Ricardo Carvalho Calero: planificador da língua galega”. Penabade Rei, Bernardo
  • “Achegamento urxente á narrativa de Carvalho Calero”. Rabunhal Corgo, Enrique
  • “Carvalho Calero poeta: a palabra no exilio”. Salinas Portugal, Francisco
  • “A sociolingüística sobre o galego antes e despois de 1936: o contributo de Carvalho Calero”. Sanmartín Rei, Goretti
  • “O teatro de Ricardo Carvalho Calero”. Tato-Fontaíña, Laura

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Vídeos externos
Debate "O porvir do galego" 1987, TVG
Memoria do século (c) AS-PG 2000