Saltar ao contido

Victoriano Taibo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVictoriano Taibo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Victoriano Taibo García Editar o valor en Wikidata
22 de abril de 1885 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Morte13 de marzo de 1966 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Vigo Editar o valor en Wikidata
Relixióncatólica
Formación profesionalMaxisterio
EducaciónEscola Normal de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre nacional
EmpregadorIrmandades da Fala
Real Academia Galega
Membro de
Xénero artísticoPoesía, narrativa, ensaio
Influencias
Familia
CónxuxeCarmen Rebollar Martínez [1] Editar o valor en Wikidata
FillosFrancisco Vicente (Fuco) 1930
e Gloria 1931 Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Enciclopedia Galega Universal: 190095 Galiciana: 109904 BNE: XX1449425 BUSC: 981013404220807712 Dialnet: 2122768

Victoriano Taibo García, nado en Santiago de Compostela o 22 de abril de 1885 e finado en Vigo o 13 de marzo de 1966, foi un mestre, poeta e narrador galego. De ideas galeguistas e de esquerdas, foi membro fundador das Irmandades da Fala[2] e integrante da Real Academia Galega.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Francisco Taibo Filgueira e Josefa García Lameiro, Victoriano foi o máis novo de cinco irmáns. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, onde foi redactor de Miña Terra. Alí contactou co movemento galeguista a través da Irmandade da Fala local. Nese tempo tivo sobre el unha grande influencia Luís Porteiro Garea. Asinou o manifesto da Asambleia nazonalista de Lugo de 1918.

Como mestre de escola foi destinado a, entre outros, A Ponte de Mera (Ortigueira), Oza (A Coruña), Sigrás (Cambre), Cerdido, As Fiestras (Xinzo de Limia), Morgadáns (Gondomar, onde estaría máis de dezaseis anos) e Lavadores (Vigo).

I Asemblea Nacionalista

Colaborou en numerosas publicacións, entre elas, O Gaiteiro de Lugo, A Nosa Terra, Céltiga, O Tio Marcos d'a Portela, Nós, Ilustración Gallega, Rexurdimento, Vida Gallega, Labor Gallega, A Fouce, Airiños, Alborada, La Noche, Lar, El Pueblo Gallego, Faro de Vigo, Ronsel, ABC e Sonata Gallega.[4]

Mantivo relación epistolar con Manuel Antonio.[5] Foi membro do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e socio correspondente do Instituto Histórico do Minho desde 1930.[6]

Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Son coñecidas algunhas das súas actuacións en mitins na compañía de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Valentín Paz-Andrade e Antón Alonso Ríos.[7] Tralo Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi trasladado forzosamente en 1938 a Villalar de los Comuneros, Valladolid, por causa das súas ideas políticas.[7] En 1942 retornou a Morgadáns.

A proposta de Eladio Rodríguez González, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Vales Villamarín, Ángel del Castillo e Florentino López Cuevillas, ingresou na Real Academia Galega en febreiro de 1946. O 15 de outubro de 1948 leu o discurso panexírico Rosalía de Castro, precursora da fala, respondido por Otero Pedrayo.[8] En 1950 instalouse en Vigo, onde viviu ata o seu pasamento en 1966. Xubilouse como mestre en 1954.

A poesía de Taibo segue as direccións dos primeiros libros de Cabanillas, de quen foi discípulo literario: costumismo, lirismo intimista e poesía de loita.[9][10][11][12][13]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O galego que non fala
na lingua da súa terra,
nin sabe o que ten de seu
nin é merecente dela.

Casou o 12 de setembro de 1929, na Ponte de Mera (Ortigueira), con Carmen Rebollar Martínez, irmá de Alfredo Rebollar Martínez, director de bandas de música e que foi alcalde de Ortigueira pola Fronte Popular na II República, ata a Guerra Civil. Tiveron dous fillos, Francisco Vicente Fuco (1930) e Gloria (1931).

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

Déuselle o seu nome ao Premio de poesía Victoriano Taibo.

En 2018 o Concello de Gondomar nomeouno Fillo Adoptivo.[2]

  • Abrente, versos galegos (1922, El Eco de Santiago).[14]
  • Da vella roseira, cántigas orixinás (Santiago de Compostela, 1925), adicado a Cabanillas.
  • Abicedo. Cabrinfollas (2008), Follas Novas. Edición de Armando Requeixo.
  • Lembranza da Tecedeira, 2013, ed. facsimilar comentada (1947). IEM.[15]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Rosalía de Castro, precursora da fala, 1972 (1948), RAG. Con resposta de Ramón Otero Pedrayo.[19]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]