Childeberto I
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | c. 497 Reims |
| Morte | 23 de decembro de 558 París |
| Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
| Rei do Reino Franco | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Carreira militar | |
| Participou no conflito | Siege of Caesaraugusta (en) |
| Outro | |
| Título | Co-king of Burgundy (en) Rei merovinxio de Orleáns (524–558) Rei do Reino Franco (511–558) |
| Familia | Dinastía Merovinxia |
| Cónxuxe | Ultrogothe |
| Fillos | Crodesinde, Crotberg |
| Pais | Clodoveo I |
| Irmáns | Clodomiro Teodorico I, rei franco Clotario I Ingomer Clotilde |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie The Nuttall Encyclopædia >>>:Childerbert I. Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Childeberto I, nado en 497 e finado en 558, foi un rei franco e un dos catro fillos de Clodoveo I.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Á morte do seu pai, no 511, o reino dividiuse entre os seus catro fillos e el herdou a cidade de París e o territorio que comprendía polo norte ata o río Somme e polo oeste ata a Canle da Mancha. Converteuse en rei de París.
Á morte do seu irmán Clodomiro, rei de Orleáns, coa axuda do seu outro irmán Clotario, rei de Soissons, fixo degolar aos seus sobriños para apropiarse da herdanza. Converteuse en rei de Orleáns.
No 534, axudado por Clotario, conquistou o reino burgundio (Borgoña). Este novo reino foi cogobernado entre eles.
Fixo varias expedicións contra os visigodos de Hispania. No ano 542 apropiouse de Pamplona coa axuda do seu irmán Clotario I. Cercou Zaragoza, pero foi forzado a retirarse. Desta expedición levou a París unha preciosa reliquia, a túnica de San Vicente, en honor de quen fixo construír ás portas de París o famoso mosteiro de San Vicente, coñecido posteriormente como Saint Germain-des-Prés, Francia.
No 558, morreu sen descendencia, e Clotario apoderouse do seu reino e reunificou o reino de Clodoveo.
