China Eastern Airlines
| China Eastern Airlines | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||
China Eastern Airlines Corporation Limited (chinés simplificado: 中国东方航空公司; chinés tradicional: 中國東方航空公司, coloquialmente coñecida como 东航/東航) é unha aeroliña baseada no China Eastern Airlines Building, nos sotos do aeroporto Internacional Hongqiao en Shanghai, China. É unha gran aeroliña chinesa que opera voos internacionais, domésticos e rexionais. Os seus principais centros de operacións son o aeroporto Internacional Pudong e o aeroporto Internacional Hongqiao, ámbolos dous en Shanghai, e ten centros secundarios no aeroporto Internacional de Kunming Changshui e no aeroporto Internacional Xianyang. China Eastern Airlines é a segunda aeroliña chinesa en número de pasaxeiros. A compañía e a súa subsidiaria Shanghai Airlines convertéronse no 14º membro da alianza SkyTeam o 21 de xuño de 2011.[1] No ano 2012 China Eastern Airlines transportou 73,08 millóns de pasaxeiros cunha media de ocupación do 73%.[2]
Frota
[editar | editar a fonte]| Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| P | J | Y | Total | ||||
| Airbus A319-100 | 27 | – | — | 8 | 114 | 122 | |
| Airbus A320-200 | 144 | 86 | — | 8 | 150 | 158 | Operador máis grande do A320. Entregas ata 2017. |
| Airbus A321-200 | 37 | — | — | 20 | 157 | 177 | |
| Airbus A330-200 | 23 | 7 | — | 24 | 240 | 264 | |
| Airbus A330-300 | 13 | — | — | 38 | 260 | 298 | |
| Airbus A340-600 | 5 | — | 8 | 42 | 272 | 322 | Serán retirados cara 2015.[3] |
| Boeing 737-300 | 16 | — | — | 8 | 120 | 128 | Serán substituídos por A320 e 737 NG |
| Boeing 737-700 | 48 | — | — | 8 | 126 | 134 | |
| Boeing 737-800 | 37 | 33 | — | 8 | 162 | 170 | |
| Boeing 777-300ER | — | 20 | 6 | 52 | 258 | 316 | Substituíndo aos A340-600, serán entregados en setembro de 2014. |
| COMAC C919 | — | 20 | - | ||||
| Embraer ERJ 145 | 10 | — | — | — | 50 | 50 | |
| Total | 373 | 150 | |||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Air Transport World (ed.). "China Eastern becomes 14th SkyTeam member". Consultado o 29 de xullo de 2014.
- ↑ China Eastern (ed.). "Anuncio de resultados do ano 2012" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2013. Consultado o 29 de xullo de 2014.
- ↑ Centr for Aviation (ed.). "China Eastern to purchase 777–300ER aircraft, to divest five A340-600s to Boeing". Consultado o 3 de setembro de 2014.