Saltar ao contido

Madoqua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dicdics»)

Madoqua
 Nome taxon
    Madoqua
William Ogilby 1837 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeArtiodactyla
FamiliaBovidae
SubfamiliaAntilopinae
XéneroMadoqua Editar o valor en Wikidata
William Ogilby, 1837 Madoqua Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/03hlq3 Editar o valor en Wikidata
ITIS624971 Editar o valor en Wikidata
OTT591989 Editar o valor en Wikidata
CoL62XVG Editar o valor en Wikidata
EOL39384 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Madoqua é un xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos bóvidos e subfamilia dos antilopinos.[1]

Coñecidos vulgarmente como dicdics,[2] son uns antílopes africanos de tamaño moi reducido, polo que son denominados antílpes ananos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico do xénero, Madoqua, é unha adaptación do amhárico mĕdaqqwa.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1837 polo naturalista irlandés William Ogilby, en Proc. Zool. Soc. Lond., 1836: 137.[1]

Dentro do xénero, recoñécens as seguientes catro especies:[1]

Nome vulgar

[editar | editar a fonte]

O seu nome vulgar procede do son que emiten cando están asustados.

Características físicas

[editar | editar a fonte]

A lonxitude do seu corpo varía entre os 30 e os 40 cm, a súa alzada (altura na cruz) é tan só de 30 a 43 cm, e o seu peso oscila entre os 3 e os 5 kg, segundo as especies.

Teñen un fociño alongado e unha pelaxe clara, que é gris no lombo e branca no ventre. Moitos presentan un anel de cor clara en torno aos ollos. Na parte superior da cabeza presentan unha guedella de pelos que, ás veces, ocultan parcialmente os curtos cornos dos machos, inclinados cara a atrás. As femias son algo máis grandes que os machos.

Pequenos, áxiles, e moi rápidos na carreira (poden correr até os 50 km/h), desaparecen e agóchanse facilmente no seu contorno boscoso, o que dificulta a súa caza por parte de diferentes depredadores.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Os dicdics son herbívoros e aliméntanse principalmente de follas, abrochos, froitos e bagas.

Depredadores

[editar | editar a fonte]

Os dicdics son cazados por lagartos varanos, aguias, serpes pitóns, caracais, leóns, leopardos, guepardos, hienas, licaóns e chacais.

  1. 1 2 3 Wilson & Reeder 2005.
  2. dicdic Arquivado 14 de outubro de 2018 en Wayback Machine. en: Xunta de Galicia. Digalego.
  3. madoqua no Merriam-Webster Dictionary en liña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]