Drôme
| Drôme | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||
Drôme é o departamento número 26 de Francia, localizado na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. O departamento tira o seu nome do río Drôme, afluente do río Ródano, duns 110 km de longo.
Historia
[editar | editar a fonte]O departamento foi creado durante a Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790 en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789, a partir dunha parte da provincia do Delfinado.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Drôme forma parte da rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Linda cos departamentos de Ardèche, Isère, Alpes Altos, Alpes da Alta Provenza e Vaucluse.
Os límites do departamento foron moitas veces modificados tras a anexión do Comtat Venaissin en 1792 despois da creación do departamento de Vaucluse en 1793. As cidades de Carpentras e Valréas, sobre todo, formaron parte de Drôme de forma efémera. Estas modificacións crearon un enclave en Vaucluse (cantón de Valréas) en Drôme, o meirande enclave deste tipo en Francia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Drôme |
- Prefectura Arquivado 29 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- Consello xeral
