Saltar ao contido

Ferenc Puskás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFerenc Puskás

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Ferenc Purczeld Bíró Editar o valor en Wikidata
1 de abril de 1927 Editar o valor en Wikidata
Budapest Editar o valor en Wikidata
Morte17 de novembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Budapest Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Santo Estevo Editar o valor en Wikidata
Outros nomesPuskás Öcsi
El Cañoncito Pum
El Comandante Galopante
Pancho Puskas Editar o valor en Wikidata
Altura172 cm Editar o valor en Wikidata
Peso72 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaHungría
España Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaNorth American Soccer League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1943–1956 Budapest Honvéd FC 368(383)
1958–1966   Real Madrid CF 262(243)
  Selección nacional Número de eventos xogados
1945–1956   Hungría 85(84)
1961–1962   España 4(0)
  Adestrador Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1966–1967   Hércules CF
1967–1967 San Francisco Golden Gate Gales (pt) Traducir
1968–1968 Vancouver Royals (en) Traducir
1968–1969   Deportivo Alavés
1970–1974 Panathinaikos
1974–1975   Real Murcia
1975–1976   Selección de fútbol de Arabia Saudita
1975–1976 Colo-Colo
1978–1979 AEK Atenas FC
1979–1982 El-Masry (pt) Traducir
1985–1986 Club Sol de América (pt) Traducir
1986–1989 Club Cerro Porteño
1989–1992 South Melbourne Football Club (pt) Traducir
1993–1993   Hungría Editar o valor en Wikidata
Participou en
1962Mundial de Fútbol Chile 1962
1954Mundial de Fútbol Suíza 1954
19 de xullo de 1952Xogos Olímpicos de 1952 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeErzsébet Hunyadvári (1950–2006) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webpuskas.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0701118 Enciclopedia Galega Universal: 173364 BNE: XX4681143 FIFA: 174886 UEFA: 71683 WikiTree: Purczeld-1 Find a Grave: 16680115 Editar o valor en Wikidata

Ferenc Puskás (en húngaro Puskás Ferenc), nado en Kispest (Budapest) o 2 de abril de 1927 e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 2006, foi un lendario futbolista e despois adestrador húngaro. Está considerado coma un dos mellores xogadores de tódolos tempos e un dos goleadores máis efectivos, anotando 84 goles en 85 encontros internacionais para a selección húngara[Cómpre referencia] e 511 goles en 533 encontros na liga húngara de fútbol e na liga española de fútbol.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Durante os anos 50 converteuse no capitán e nunha das estrelas da selección húngara coñecida coma o Aranycsapat ("Equipo de ouro" en húngaro). Con Puskás estaban outros lendarios futbolistas coma Sándor Kocsis, Zoltán Czibor, József Bozsik ou Nándor Hidegkuti.

Puskás xogou para o Honvéd ata 1956, ano no que estoupou a Revolución Húngara. Este feito colleu ós xogadores fóra do país, por mor dunha eliminatoria de Copa de Europa contra o Athletic de Bilbao. Moitos negáronse a volver, e tentaron sacar ás súas familias de Hungría o antes posible. En 1958 ficha polo Real Madrid e alí xúntase con outros grandes xogadores coma Alfredo Di Stéfano, Francisco Gento, Raymond Kopa, Héctor Rial ou José Santamaria.

O que máis destacaba de Ferenc Puskás era o seu mortífero disparo coa perna esquerda, que non deixou de reportarlle goles ao longo de toda a súa carreira. Foi o máximo anotador da Liga Húngara en catro ocasións. Amais, nunha delas, en 1948, foi tamén o máximo anotador europeo (Bota de Ouro). Tempo despois, cando marchou ao Real Madrid gañou catro veces o Trofeo Pichichi e anotou sete goles en dúas finais da Copa de Europa

En 1995 foi galardoado coma o máximo anotador do século XX pola IFFHS.[1][2][3]

O 17 de novembro de 2006 Puskás morre en Budapest á idade de 79 anos.

Infancia e xuventude

[editar | editar a fonte]

O seu nome de pía era Ferenc Purczeld, apelido de orixe xermana. Á idade de dez anos o seu pai, tamén futbolista do Kispest FC, trocou seu apelido por Puskás, que o seu fillo Ferenc adoptou de inmediato.[4] Unha tradución aproximada desta verba pode ser "escopeta".

Comeza a súa carreira coma xove promesa do Kispest, sendo o seu pai o adestrador do equipo. Neses anos empregaba outro nome Miklós Kovács, para poder aparentar unha idade maior da que realmente posuía, o que lle permitía xogar con rapaces máis vellos ca el.[5] Oficialmente asinou contrato coa escuadra ós doce anos.

Entre os seus xoves compañeiros estaba seu amigo da infancia e futuro membro do "Equipo de Ouro" József Bozsik.

O seu debut con primeiro equipo do Kispest FC foi en novembro de 1943, nun encontro contra o Nagyvárad.[6]

En 1949 o Ministerio de Defensa Húngaro toma o control do Kispest, converténdoo no equipo de fútbol do Exército Húngaro e trocándolle o nome por Honvéd. Por mor disto, os xogadores comezaron a obter rangos militares. Por exemplo, o propio Puskas chegou a ser Maior, de aí que os ingleses o alcumaran "The Galloping Major".[4].

Sendo o club do exército, empregaron levas para fichar ós mellores futbolistas húngaros. Así conseguiron as fichaxes de estrelas coma Zoltán Czibor e Sándor Kocsis.[7].

Mentres ficou no Hónved, Ferenc axudou ao club a gañar cinco títulos da Liga Húngara. Tamén foi o máximo anotador da competición nas tempadas 1947/48, 1949/50, 1950 e 1953, con 50, 31, 25 e 27 goles respectivamente. A marca dos 50 serviulle tamén para se-lo máximo anotador de toda Europa, o que anos despois se deu en chamar Bota de Ouro.

Puskás fixo o súa estrea coa selección o 20 de agosto de 1945, nun encontro contra a Austria que rematou coa vitoria dos maxiares por 5-2. Aquí anota o primeiro dos seus goles co combinado maxiar.[8]

En total anotaría 84 goles en 85 encontros incluíndo dous tripletes á Austria, un a Luxemburgo e catro a Albania.[9].

Xunta Zoltán Czibor, Sándor Kocsis, József Bozsik e Nándor Hidegkuti formaría o núcleo dan lendaria escuadra que ficou 32 encontros sen coñece-la derrota.[10]

Ao longo desta etapa de imbatibilidade gañaron a medalla de Ouro nos Xogos Olímpicos de 1952, vencendo a Iugoslavia por 2-0 na final disputada en Helsinqui. Puskás anotaría catro goles no torneo.[9]. A pesar deste éxito aínda foi máis soada a lección de fútbol que lle deron a Inglaterra no Estado de Wembley, cando en 1953 os derrotaron por 3-6. Isto converteunos no primeiro equipo da Europa continental en gañarlle á selección inglesa na súa propia casa.[8]. A humillación para os ingleses non remataría aquí. Ao ano seguinte, 1954, devólvenlles a visita e xogan un encontro en Budapest. Os maxiares vencen de novo, desta volta por 7-1. Puskás anotou dous goles en cada encontro contra Inglaterra.

En 1953 tamén conseguen gaña-la Copa Dr. Gerő, un trofeo entre seleccións nacionais da Europa Central que tardou cinco anos en completarse. Hungría remata na cabeza da clasificación con once puntos e Puskás é nomeado máximo anotador do torneo con 10 goles. O encontro que lles deu o trofeo foi a vitoria contra a Italia por 0-3 nun encontro disputado na cidade de Roma.

En 1954 dispútase o Mundial de Suíza onde os húngaros son un dos claros favoritos para alzarse co título de campión. Os dous primeiros encontros sáldanse con contundentes vitorias a prol dos maxiares: 9-0 contra Corea do Norte e 8-3 contra Alemaña do Oeste, Puskás anotou un total de tres goles. Neste último encontro sofre unha mancadura no nocello que o vai afastar do once inicial ata a final.

Tras vencer ó Brasil no que se deu en chamar "A batalla de Berna", gánanlle tamén ao Uruguai, plantándose na final.

O derradeiro e máis importante encontro do torneo ía enfrontar de novo ós húngaros contra a Alemaña do Oeste. O adestrador, Gusztáv Sebes decidiu que Puskás tiña que xogar a pesar de non terse recuperado totalmente do golpe no nocello. Aínda así, ós seis minutos de xogo anota o primeiro tanto para os maxiares. Czibor marca o segundo pouco despois e a vitoria semella encarrilada. Mais a escuadra xermana consegue empata-lo encontro antes do descanso.

Quedando só seis minutos para o remate do encontro, Alemaña adiántase no marcador grazas a un disparo coa perna esquerda de Helmut Rahn que bate a Grocsis. Catro minutos despois, Puskás empata de novo mais o tanto é anulado por un máis que dubidoso fóra de xogo. Ó final, 3-2 para os xermanos.

En 1956 o Honvéd clasifícase para a Copa de Europa, e son emparellados co Athletic de Bilbao na primeira rolda. No estado de San Mamés a escuadra vasca imponse por 3-2 e antes de xogarse o encontro de volta estoupa a Revolución Húngara en Budapest. Os xogadores maxiares néganse a retornar a Hungría neses intres e conseguen que se poida disputa-lo encontro en Bruxelas.[10].

A volta remataría cun resultado de empate 3-3 mais o Honvéd cae por un 6-5 no total da eliminatoria. Unha vez eliminados, sacan ás súas familias de Hungría e realizan unha xira con obxectivo de gañar algúns cartos, xa que neses intres case non tiñan ni para comer. A pesar da oposición da FIFA e das autoridades húngaras viaxan por Italia, Portugal, España e o Brasil. Tralo seu retorno á Europa os xogadores escollen cada un cadanseu camiño. Algúns coma Bozsik retornaron a Hungría, namentres que outros coma Czibor, Kocsis ou Puskás procuraron novos clubs na Europa do Oeste.

Despois do seu rexeitamento a regresar a Hungría, xogou uns cantos encontros amigables co RCD Español. Neses momentos os clubs italianos do A.C. Milan e a Juventus tentaban facerse cos seus servizos, mais a UEFA promulgou unha sanción de dous anos que lle impedía poder xogar en Europa. Neses anos estivo vivindo primeiro en Austria e logo marchou cara Italia.[10]

Tras cumprirse o prazo da sanción quixo fichar por algún club italiano, máis a súa idade (31 anos) e o seu peso fixeron que non recibira oferta algunha dos clubs máis importantes do Calcio.[7]. De calquera xeito, sorprendentemente o Real Madrid interesouse por contratalo e aquí, en 1958, comeza a segunda etapa da súa carreira futbolística.

Na súa primeira tempada de branco, a 1958/59, Puskás anotou catro tripletes, o primeiro deles xa no seu segundo encontro, o 21 de setembro de 1958 contra o Sporting de Gijón. En xaneiro el e mais Alfredo Di Stéfano conseguen un triplete por cabeza nun encontro contra a UD Las Palmas. Outras das súas actuacións memorables foron contra o Elche CF, facéndolle catro goles na 60/61 e cinco na 61/62. En 1963 faille dous tripletes ó FC Barcelona, un no Estadio Santiago Bernabéu e outro no Camp Nou.

En total, nas oito tempadas nas que ficou no Madrid, xogou 180 encontros de liga, anotando 156 goles. Nas súas seis primeiras tempadas rematou a liga cun mínimo de 20 goles e gañou o Trofeo Pichichi en catro ocasións: 1960, 1961, 1963 e 1964, con 26,27,26, e 20 goles respectivamente. Estes tantos axudaron á escuadra merengue a gaña-la liga cinco veces consecutivas entre os anos 1961 e 1965, así coma unha copa do xeneralísimo en 1962. Puskás anotou os dous goles do seu equipo na final contra o Sevilla FC.

No relativo ás competicións europeas, xogou un total de 39 encontros de Copa de Europa, anotando 35 goles. Na Copa de Europa da tempada 58-59 xogou un papel decisivo anotando nas semifinais contra o Atlético de Madrid, mais non puido disputa-la final por mor dunha mancadura.

De calquera xeito, ó ano seguinte comeza a campaña europea cun triplete contra o Jeunesse Esch, e na semifinal anotaría outros tres goles contra o FC Barcelona. A final contra o Eintracht Frankfurt pasaría á historia, co propio Ferenc e Alfredo Di Stéfano coma protagonistas indiscutibles. O encontro rematou 7-3, con catro goles de Puskás e tres de Di Stéfano.

Nas seguintes campañas europeas, aínda anotaría outros tres tripletes máis, incluíndo o da famosa vitoria do Benfica ó Madrid por 5-3, onde Eusébio foi a grande estrela da escuadra portuguesa.

En 1962, Puskás colle a cidadanía española[11] e chegaría a xogar catro encontros coa súa selección, participando no Mundial de 1962 no que non conseguirían pasar da primeira rolda, a pesar de contar con xogadores coma, amais do propio Puskás, Alfredo Di Stéfano, Francisco Gento ou Luis Suárez.

Adestrador

[editar | editar a fonte]

Tralo seu retiro coma xogador, emprende unha carreira de adestrador que o levará a percorrer medio mundo. O seu primeiro traballo foi no Hércules CF, no ano 1967.

En 1970 colle o mando do club grego do Panathinaikos FC, e ó ano seguinte lévao ata a final da Copa de Europa, que perde contra o Ajax Amsterdam de Johan Cruyff por 2-0. A día de hoxe segue a ser o único club do país helénico en chegar á final desta competición. Puskás ficou alí ó longo de cinco anos, durante os cales tamén se fixo con dous títulos de liga (1970 e 1972). Todos estes éxitos fixeron del un auténtico ídolo entre os seareiros do club, que aínda o consideran o mellor adestrador que endexamais tiveron.

No ano 1974 marcha de Grecia para facerse cargo do Real Murcia, en España. Pouco despois marchará para Chile, onde adestrará ó Colo-Colo.

Puskás porase á fronte dunha selección nacional por vez primeira en 1976, adestrando a Arabia Saudita. Despois dun ano, abandonaría o cargo para volver a Grecia, desta volta ó AEK Athens, conseguindo o sétimo campionato de liga para o club.

En 1979 viaxa a Exipto para adestrar o Al-Masry, unha das escuadras da primeira división exipcia. Ficará alí tres anos.

No ano 1985 volve a Suramérica, desta volta a Paraguai, onde se fai cargo do Sol de América e despois do Cerro Porteño.

A derradeira escuadra que adestrou foi o South Melbourne Hellas australiano, conseguindo o campionato de liga no ano 1991. Logo de tres anos, volta finalmente a Hungría. Aquí tomará o mando da selección nacional ao longo dun ano, para despois retirarse definitivamente do fútbol profesional.

Retiro e derradeiros anos

[editar | editar a fonte]

A pesar de caer en desgraza a ollos do goberno, sempre foi considerado un heroe polo pobo húngaro. No ano 1993 as autoridades concédenlle o perdón e Puskás volta ó fogar, facéndose cargo por un tempo da Selección nacional.[12]

En 1998 é nomeado un dos primeiros embaixadores de boa vontade da FIFA.[13]

No ano 2002 o Népstadion de Budapest foi renomeado coma o Stadion Puskás Ferenc na súa honra. Tamén foi declarado mellor xogador húngaro dos últimos 50 anos pola Federación Húngara de Fútbol co gallo do 50 Aniversario da UEFA, en novembro de 2003.[14]

Foille diagnosticada a enfermidade de Alzhéimer en 2000.[15]. Ingresa nun hospital da capital húngara en setembro de 2006[16] do que xa non sairía con vida. O 17 de novembro morre Ferenc Puskás [15] ós 79 anos de idade a causa dunha pneumonía.

O seu enterro convértese nun funeral de estado, e o seu ataúde e trasladado desde o estado que leva o seu nome ata a Praza dos Heroes, onde foi despedido con vinte e unha salvas na súa honra. Os seus restos foron soterrados nunha basílica de Budapest o 9 de decembro de 2006.

Títulos e Galardóns

[editar | editar a fonte]

Xogador

Hungría

Honvéd

Real Madrid

Adestrador

Panathinaikos

South Melbourne Hellas

Goles internacionais

[editar | editar a fonte]
#DataLugarRivalGolesResultadoCompetición
120 de agosto, 1945BudapestAustria Austria5-2vitoriaAmigable
230 de setembro, 1945BudapestRomanía Romanía7-2vitoriaAmigable
330 de setembro, 1945BudapestRomanía Romanía7-2vitoriaAmigable
430 de outubro, 1946EschLuxemburgo Luxemburgo7-2vitoriaAmigable
530 de outubro, 1946EschLuxemburgo Luxemburgo7-2vitoriaAmigable
630 de outubro, 1946EschLuxemburgo Luxemburgo7-2vitoriaAmigable
74 de maio, 1947BudapestAustria Austria5-2vitoriaAmigable
811 de maio, 1947TurínItalia Italia2-3derrotaAmigable
929 de xullo, 1947Belgrado Iugoslavia3-2vitoriaBalkan Cup
1012 de outubro, 1947Bucarest Romanía3-0vitoriaBalkan Cup
1112 de outubro, 1947Bucarest Romanía3-0vitoriaBalkan Cup
1221 de abril, 1948BudapestSuíza Suíza7-4vitoriaCopa Dr. Gero
1321 de abril, 1948BudapestSuíza Suíza7-4vitoriaCopa Dr. Gero
146 de xuño, 1948Budapest Romanía9-0vitoriaBalkan Cup
156 de xuño, 1948Budapest Romanía9-0vitoriaBalkan Cup
1624 de outubro, 1948Bucarest Romanía5-1vitoriaBalkan Cup
1724 de outubro, 1948Bucarest Romanía5-1vitoriaBalkan Cup
1824 de outubro, 1948Bucarest Romanía5-1vitoriaBalkan Cup
1910 de abril, 1949Praga Checoslovaquia2-5derrotaCopa Dr. Gero
208 de maio, 1949BudapestAustria Austria6-1vitoriaCopa Dr. Gero
218 de maio, 1949BudapestAustria Austria6-1vitoriaCopa Dr. Gero
228 de maio, 1949BudapestAustria Austria6-1vitoriaCopa Dr. Gero
2310 de xullo, 1949DebrecenPolonia Polonia8-2vitoriaAmigable
2410 de xullo, 1949DebrecenPolonia Polonia8-2vitoriaAmigable
2516 de outubro, 1949VienaAustria Austria4-3vitoriaAmigable
2616 de outubro, 1949VienaAustria Austria4-3vitoriaAmigable
2730 de outubro, 1949Budapest Bulgaria5-1vitoriaAmigable
2830 de outubro, 1949Budapest Bulgaria5-1vitoriaAmigable
2920 de novembro, 1949BudapestSuecia Suecia5-0vitoriaAmigable
3030 de abril, 1950Budapest Checoslovaquia5-0vitoriaAmigable
3130 de abril, 1950Budapest Checoslovaquia5-0vitoriaAmigable
3214 de maio, 1950VienaAustria Austria3-5derrotaAmigable
334 de xuño, 1950VarsoviaPolonia Polonia5-2vitoriaAmigable
344 de xuño, 1950VarsoviaPolonia Polonia5-2vitoriaAmigable
3524 de setembro, 1950Budapest Albania12-0vitoriaAmigable
3624 de setembro, 1950Budapest Albania12-0vitoriaAmigable
3724 de setembro, 1950Budapest Albania12-0vitoriaAmigable
3824 de setembro, 1950Budapest Albania12-0vitoriaAmigable
3929 de outubro, 1950BudapestAustria Austria4-3vitoriaAmigable
4029 de outubro, 1950BudapestAustria Austria4-3vitoriaAmigable
4129 de outubro, 1950BudapestAustria Austria4-3vitoriaAmigable
4227 de maio, 1951BudapestPolonia Polonia6-0vitoriaAmigable
4327 de maio, 1951BudapestPolonia Polonia6-0vitoriaAmigable
4418 de novembro, 1951BudapestFinlandia Finlandia8-0vitoriaAmigable
4518 de novembro, 1951BudapestFinlandia Finlandia8-0vitoriaAmigable
4627 de maio, 1952MoscovaUnión Soviética Unión Soviética1-2derrotaAmigable
4715 de xuño, 1952VarsoviaPolonia Polonia5-1vitoriaAmigable
4815 de xuño, 1952VarsoviaPolonia Polonia5-1vitoriaAmigable
4922 de xuño, 1952HelsinquiFinlandia Finlandia6-1vitoriaAmigable
5024 de xullo, 1952KotkaTurquía Turquía7-1vitoriaXogos Olímpicos de 1952
5124 de xullo, 1952KotkaTurquía Turquía7-1vitoriaXogos Olímpicos de 1952
5228 de xullo, 1952HelsinquiSuecia Suecia6-0vitoriaXogos Olímpicos de 1952
532 de agosto, 1952Helsinqui Iugoslavia2-0vitoriaXogos Olímpicos de 1952
5420 de setembro, 1952BernaSuíza Suíza4-2vitoriaCopa Dr. Gero
5520 de setembro, 1952BernaSuíza Suíza4-2vitoriaCopa Dr. Gero
5617 de maio, 1953RomaItalia Italia3-0vitoriaCopa Dr. Gero
5717 de maio, 1953RomaItalia Italia3-0vitoriaCopa Dr. Gero
585 de xullo, 1953EstocolmoSuecia Suecia4-2vitoriaAmigable
594 de outubro, 1953Praga Checoslovaquia5-1vitoriaAmigable
6025 de novembro, 1953LondresInglaterra Inglaterra6-3vitoriaAmigable
6125 de novembro, 1953LondresInglaterra Inglaterra6-3vitoriaAmigable
6212 de febreiro, 1954O Cairo Exipto3-0vitoriaAmigable
6312 de febreiro, 1954O Cairo Exipto3-0vitoriaAmigable
6423 de maio, 1954BudapestInglaterra Inglaterra7-1vitoriaAmigable
6523 de maio, 1954BudapestInglaterra Inglaterra7-1vitoriaAmigable
6617 de xuño, 1954ZürichCorea do Sur Corea do Sur9-0vitoriaMundial de Fútbol Suíza 1954
6717 de xuño, 1954ZürichCorea do Sur Corea do Sur9-0vitoriaMundial de Fútbol Suíza 1954
6820 de xuño, 1954BasileaRepública Federal Alemá Alemaña Federal8-3vitoriaMundial de Fútbol Suíza 1954
694 de xullo, 1954BernaRepública Federal Alemá Alemaña Federal2-3derrotaMundial de Fútbol Suíza 1954
708 de maio, 1955OsloNoruega Noruega5-0vitoriaAmigable
7111 de maio, 1955EstocolmoSuecia Suecia7-3vitoriaAmigable
7211 de maio, 1955EstocolmoSuecia Suecia7-3vitoriaAmigable
7320 de maio, 1955HelsinquiFinlandia Finlandia9-1vitoriaAmigable
7417 de setembro, 1955LausanaSuíza Suíza5-4vitoriaCopa Dr. Gero
7517 de setembro, 1955LausanaSuíza Suíza5-4vitoriaCopa Dr. Gero
7625 de setembro, 1955BudapestUnión Soviética Unión Soviética1-1empateAmigable
7716 de outubro, 1955BudapestAustria Austria6-1vitoriaCopa Dr. Gero
7813 de novembro, 1955BudapestSuecia Suecia4-2vitoriaAmigable
7927 de novembro, 1955BudapestItalia Italia2-0vitoriaCopa Dr. Gero
8019 de febreiro, 1956IstanbulTurquía Turquía1-3derrotaAmigable
8129 de febreiro, 1956Beirut Líbano4-1vitoriaAmigable
823 de xuño, 1956BruxelasBélxica Bélxica4-5derrotaAmigable
8316 de setembro, 1956Belgrado Iugoslavia3-1vitoriaAmigable
8414 de outubro, 1956VienaAustria Austria2-0vitoriaAmigable
  1. ↑ "FIFA President: FIFA to help the Galloping Major". FIFA. 2005-10-12. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2006. Consultado o 2006-11-17.
  2. ↑ "Coronel Puskas, el zurdo de oro" (en Spanish). AS. 2006-11-17. Consultado o 2006-11-17.
  3. ↑ Mackay, Duncan (2005-10-13). "Lineker tees up another nice little earner". Guardian Unlimited. Consultado o 2006-11-17. Scroll down to subhead "Puskas memories for sale".
  4. 1 2 "Soccer Great Puskas dead at 79". TSN. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 10 de decembro de 2006.
  5. ↑ "Puskás, Hungary's greatest". uefa.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 27 de novembro de 2006.
  6. ↑ "Obituary: Ferenc Puskas". The Guardian. Consultado o 27 de novembro de 2006.
  7. 1 2 "Hall of Fame, Ferenc Puskas". IFHOF. Consultado o 10 de decembro de 2006.
  8. 1 2 "Ferenc Puskas". The Times. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2020. Consultado o 10 de decembro de 2006.
  9. 1 2 "Ferenc Puskás - Goals in International Matches". RSSSF. Consultado o 10 de decembro de 2006.
  10. 1 2 3 "Galloping Major gave us finest hour at Hampden". The Scotsman. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 10 de decembro de 2006.
  11. ↑ "Ferenc Puskas dies aged 79". The Guardian. Consultado o 27 de novembro de 2006.
  12. ↑ "Obituary:Ferenc Puskas". The Scotsman. 2003-11-20. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2007. Consultado o 31 de xaneiro de 2007.
  13. ↑ "SOS Children mourns Ferenc Puskas". SOS Children's Villages. 2005-11-17. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2007. Consultado o 2006-11-20.
  14. ↑ "Golden Players take centre stage". UEFA. 2003-11-29. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2008. Consultado o 31 de xaneiro de 2007.
  15. 1 2 "Hungary legend Puskas dies at 79". BBC. 2006-11-17.
  16. ↑ ,"Puskas 'taken to intensive care'". BBC. 2006-09-13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]