Galia romana
- Véxase tamén: Galia.

A Galia romana consistiu nunha área do goberno provincial no Imperio Romano, no que hoxe son Francia, Bélxica, Luxemburgo, Suíza e o oeste de Alemaña. O control romano da área durou máis de cincocentos anos.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A República Romana comezou a conquista da Galia celta en 121 a. C., cando conquistou e anexou as zonas limítrofes do sur. Xulio César completou a tarefa de derrotar ás tribos celtas na Guerra das Galias entre os anos 58 e 51 a. C., e a romanización que lle seguiu foi moi rápido nas cidades; o latín era falado pola maioría dos galos no século III, pero conservando aínda vestixios de lingua gala.
O derradeiro vestixio do goberno romano foi eliminado polos francos na batalla de Soissons. Desprazando ó Reino Visigodo de Tolosa en 507, os francos dominaron a meirande parte da Galia, agás Septimania no sur, baixo o dominio da dinastía merovinxia, os primeiros reis de Francia.
A cidade de Lugdunum (agora Lión) fora a capital da Galia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Astérix, serie de banda deseñada ambientada na Galia romana.
- Ceca de Lugdunum