Gonzalo Celorio
(2015) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) Gonzalo Edmundo Celorio y Blasco 25 de marzo de 1948 Cidade de México |
| Educación | Universidade Nacional Autónoma de México |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, profesor universitario, editor, especialista en literatura, ensaísta |
| Empregador | Universidade Nacional Autónoma de México |
| Membro de | |
| Participou en | |
| 2016 | Feira Internacional do Libro de Santiago de 2016 |
| Premios | |
Gonzalo Edmundo Celorio y Blasco, nado na Cidade de México o 25 de marzo de 1948, é un editor, ensaísta, narrador, catedrático e crítico literario mexicano. Desde febreiro de 2019 é director da Academia Mexicana da Lingua. De 2000 a 2002, foi director do Fondo de Cultura Económica.[1]
En 2025 recibiu o Premio Cervantes outorgado polo Ministerio de Cultura de España, pois segundo o ministerio "a súa obra conxuga unha lucidez crítica que explora a identidade sentimental e a perda".[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os seus devanceiros eran da localidade asturiana de Llanes.
Obtivo a licenciatura en lingua e literatura pola Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), e o doutoramento en literatura iberoamericana pola mesma universidade.
A docencia mantivo unha sinalada importancia na súa traxectoria profesional desde 1974. Foi profesor de literatura hispanoamericana na Facultade de Filosofía e Letras da UNAM; na mesma institución impartiu a cátedra extraordinaria Mestres do Exilio Español. Ditou cursos no Colexio de México, na Universidade Iberoamericana e no Instituto Politécnico Nacional. Ensinou en numerosos diplomados e cátedras na UNAM e noutras institucións mexicanas e estranxeiras. Foi investigador do Centro de Estudos Lingüísticos e Literarios do Colexio de México. En 1982, director de Literatura do Instituto Nacional de Belas Artes; de 1989 a 1998, coordinador de Difusión Cultural da UNAM, e de 1998 ao 2000, director da Facultade de Filosofía e Letras da UNAM.[3]
No campo editorial, foi xefe de redacción de Los Empeños, revista da Asociación de Escritores de México; editor do Boletín Informativo da Facultade de Filosofía e Letras da UNAM; secretario de redacción da Revista de Bellas Artes; editor dos Cuadernos de Filosofía y Letras da UNAM; director da revista Los Universitarios da UNAM, así como presidente do Comité Editorial da Facultade de Filosofía e Letras da UNAM. Dirixiu o Fondo de Cultura Económica, a editorial de máis renome na ribeira occidental do atlántico hispano, de decembro do 2000 a abril do 2002.[4]
É membro de número da Academia Mexicana da Lingua, e membro correspondente da Real Academia Española e da Academia Cubana da Lingua. É membro do Sistema Nacional de Creadores de Arte desde 1994, e do Consello Consultivo da Cátedra Alfonso Reyes do Instituto Tecnolóxico e de Estudos Superiores de Monterrey.[5][6][7]
En 1986, recibiu o Premio Xornalismo Cultural, outorgado polo Instituto Nacional de Belas Artes, por Los subrayados son míos; en 1997, fíxose acredor ao Prix dés Deux Océans que outorga o Festival de Biarritz pola súa obra El viaje sedentario, traducida ao francés, e en 1999, o Premio Nacional de Novela IMPAC-CONARTE-ITESM, pola novela Y retiemble en sus centros la tierra.[4]
Foi galardoado co Premio Nacional de Ciencias e Artes en Lingüística e Literatura, outorgado polo Goberno de México en 2010.
En 2023, gañou o Premio Xavier Villaurrutia de Escritores para Escritores 2022 polo seu libro Mentideros de la memoria.[8]
Xestión como director do Fondo de Cultura Económica
[editar | editar a fonte]Baixo a súa dirección creouse no FCE, en coedición co Ministerio de Educación do goberno da República de Guatemala, a colección Intercultural nos idiomas quiché e castelán; a devandita colección forma parte da Biblioteca Presidencial para a Paz. En xullo de 2001 Gonzalo Celorio asinou con Juan Ramón de la Fuente, reitor da UNAM, un convenio para outorgar aos universitarios descontos de até 40 por cento nas publicacións do Fondo de Cultura Económica.
O 8 de febreiro de 2002 inaugurou a Biblioteca do Fondo de Cultura Económica na Habana, Cuba, cunha doazón do 90 por cento do catálogo vivo do seu acervo editorial. Nese mesmo ano inaugurouse a Librería Juan José Arreola, situada no centro histórico da Cidade de México.
No breve período que permaneceu á fronte da editorial, publicáronse 876 obras. Iniciouse, en coedición coa editorial española Turner, a colección Noema, publicando nela obras literarias como El caso Freud, Histeria y cocaína, Conversaciones con Picasso, El Río Congo, Cinco días en Londres, mayo de 1940, Tres lindas cubanas, 2006 e outras.
Obras
[editar | editar a fonte]- Amor propio (1992). México: Tusquets Editores.
- Y retiemble en sus centros la tierra (1999). México: Tusquets Editores.
- Tres lindas cubanas (2006). México: Tusquets Editores.
- El metal y la escoria (2014). México: Tusquets Editores,
- Los apóstatas (2020). México: Tusquets Editores.
- Ese montón de espejos rotos (2025). Tusquest Editores. 504 páxs. ISBN 978-84-1107-678-4.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- El viaje sedentario (1994, ed. Tusquets, 2002). traducido ao francés por Marie-Ange Brillaud, Le voyage sédentaire (1998). Éditions Atelier du Gué.
- La época sordina (1990). México: Cal y Arena. Traducido ao francés por Marie-Ange Brillaud: Mexico, ville de papier, Éditions Atelier du Gué, 2001.
- Ensayo de contraconquista (2001). México: Tusquets Editores.
- Cánones subversivos. Ensayos de literatura hispanoamericana (2009). México: Tusquets Editores.
- Del esplendor de la lengua española (2016). México: Tuquets Editores. 190 paxs. ISBN 9786074218633. 21 retratos de creadores.
- De la carrera de la edad I. De ida. (2018). Fondo de Cultura Económica. 306 páxs. ISBN 9786071656155. Recolle os textos anteriores de ensaio.
- De la carrera de la edad II. De regreso (2018). Fondo de Cultura Económica. 412 páxs. ISBN 978-6071661487.
Memoria
[editar | editar a fonte]- Mentideros de la memoria, (2022). México: Tusquets Editores, México.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Celorio, Gonzalo". Consultado o 29 de maio 2021.
- ↑ "Gonzalo Celorio, Premio Cervantes 2025" (en castelán). 2025-11-03. Consultado o 2025-11-03.
- ↑ "Directores". Consultado o 29 de maio 2021.
- 1 2 "Gonzalo Celorio - Detalle del autor - Enciclopedia de la Literatura en México - FLM - CONACULTA". Consultado o 2021-06-03.
- ↑ "Miembros de la Academia Mexicana de la Lengua". Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de novembro de 2009.
- ↑ "Miembros de la Academia Cubana de la Lengua". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2012. Consultado o 2 de novembro de 2012.
- ↑ Instituto Tecnológico y de Estudios Superiores de Monterrey. "Cátedra Alfonso Reyes del Tecnológico de Monterrey". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2021. Consultado o 29 de maio 2021.
- ↑ "Gonzalo Celorio gana el Premio Xavier Villaurrutia 2022" (en castelán). Consultado o 2023-05-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: México |
Bibliografía e referencias
[editar | editar a fonte]- Biografía na Academia Mexicana da Lingua
- Biografía en Grandes Mestres da UNAM
- Discurso de ingreso á Academia Mexicana da Lingua
- Varios, Catálogo histórico 2005, FCE, 2006.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Coordinación Nacional de Literatura. Casa Leona Vicario. "Celorio, Gonzalo". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2020. Consultado o 9 de marzo de 2010.
- Fondo de Cultura Económica
- UNAM

