Harold Acton
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de xullo de 1904 Florencia |
| Morte | 27 de febreiro de 1994 Florencia |
| Lugar de sepultura | Cimitero degli Allori |
| Residencia | Florencia |
| Educación | Christ Church College Eton College Wixenford School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, coleccionista de arte, historiador, tradutor |
| Membro de | |
| Obra | |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Fillos | Liana Beacci |
| Pai | Arthur Acton |
| Irmáns | William Acton |
| Premios | |

Harold Acton, nado en Villa la Pietra (Florencia) o 5 de xullo de 1904 e finado na mesma cidade o 27 de febreiro de 1994, foi un escritor anglo-italiano, famoso por inspirar o personaxe de Anthony Blanche da novela de Evelyn Waugh, Retorno a Brideshead (Brideshead Revisited) (1945).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seu pai proviña dunha familia da aristocracia católica inglesa que viña residindo en Italia dende o século XVIII e a súa nai era filla dun millonario nortemericano, estudou en Eton e Oxford, en 1923 publica o seu primeiro poemario, Aquarium ao que segue en 1925, An Indian Ass, en 1926 regresa a Italia, pero desconforme coa política do réxime fascista viaxa a China en 1932, onde dá clases de inglés na Universidade de Pekín e traduce poemas e contos tradicionais chineses ao inglés, co comezo da segunda guerra mundial, regresa a Inglaterra e entra na Royal Air Force.