Saltar ao contido

Juan Pardo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuan Pardo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Ignacio Pardo Suárez Editar o valor en Wikidata
11 de novembro de 1942 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Palma Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, produtor musical, pintor, compositor, cantautor, músico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor en Wikidata - 2004 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica lixeira, música pop e música rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz e guitarra Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoZafiro (–1971)
Ariola Records (1971–1980)
Hispavox (1980–) Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalAntonio Morales Barretto: Juan y Junior Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0661110 Facebook: Juanpardopintor Enciclopedia Galega Universal: 163529 BNE: XX1721900 Spotify: 1IzfzM2kYigRWUmErr9WmG Apple Music: 20879807 Musicbrainz: edd51705-91c1-4f08-8760-c4ecb4c1699d Discogs: 305228 Allmusic: mn0000832909 Deezer: 80086 Editar o valor en Wikidata

Juan Ignacio Pardo Suárez, nado en Palma o 11 de novembro de 1942,[1] é un cantante galego de orixe mallorquina, máis coñecido como Juan Pardo.

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Aínda que é mallorquín de nacemento, Juan Pardo criouse en Ferrol. O seu pai, almirante da Armada, quería que Juan ingresase na Escola Naval, mais rexeitárono porque é daltónico. Estudou no colexo Tirso de Molina, dos padres mercedarios, en Ferrol.

Matrimonio e fillos

[editar | editar a fonte]

Estivo casado coa cubana Emy de la Cal (1970-1983), con quen tivo dúas fillas: Teba Pardo (nada en 1971) e Lys Pardo (nada en 1975).[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa carreira profesional comezou nos Vándalos. Logo formou parte do grupo Los Pekenikes (1963). Máis tarde foi cantante en Los Brincos (1965). Aquí coñeceu a Antonio Morales, que 2 anos máis tarde marcharon do grupo e formaron o dúo Juan y Junior.

As súas discrepancias con Junior levaron á disolución do grupo comezando a súa carreira en solitario en 1969. Ninguén logrou superalo na lista de éxitos dese ano con "La charanga". Ten cancións en galego.

Juan Pardo dedicou unha gravación enteira á literatura galega no disco titulado Galicia, miña nai dos dous mares. Tendo en conta que se editou nunha época tan convulsa como mediados dos setenta, o traballo sorprendía pola claridade temática de cancións como "A fala e falade galego", baseado nunha poesía de Eduardo Pondal, "Na morte de Castelao" con versos de Ramón Cabanillas e incluso unha versión do Himno galego. Moi diferente dos seus inicios como estrela do pop estatal.

Varios cantantes de fala hispana gravaron os seus éxitos, como a española Rocío Jurado (coa que gravou a dúo, a súa canción "¿Por que me habrás besado?"), Yolanda Del Río, Manolo Galván etc. Entre as súas cancións, atópanse: "Abrazadito a la luna", "Gallo de pelea" ou "Anduriña". Ademais de cantante, é produtor e compositor.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • La charanga (1969)
  • Toros en México (1969)
  • Meu ben dorme (1970)
  • A Marián niña (1971)
  • Cuando te enamores (1971)
  • Un año más (1971)
  • Adiós a Mariquiña' (1973)
  • Conversaciones (1974)
  • Autorretrato (1975)
  • Eso le ha pasado a todos (1977)
  • A tus pies madame (1977)
  • María Magdalena (1978)
  • Amar después de amar (1980)
  • No me hables (1981)
  • Sin ti (1981)
  • Hasta mañana (1982)
  • Hay que ver (1982)
  • Ahora que no estás (1983)
  • Caballo de batalla (1983)
  • Cazador (1984)
  • Ninna (1984)
  • Por favor, un favor (1984)
  • Ciudadanos del mundo (1985)
  • Que peligro tiene (1985)
  • Dos locos (1986)
  • No me hables (en vivo) (1986)
  • Otra vez (1986)
  • Mírame de frente (1987)
  • Gallo de pelea (1989)
  • Que yo deje de quererte (1991)
  • Yo te olvidaré (1992)
  • Bravo por la música (1997)

Galardóns

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Beny G. (11 de abril de 1976). "Muscialismo". El Pueblo Gallego. p. 29.
  2. ↑ "Juan Pardo, intervenido quirúrgicamente de una angioplastia coronaria". Lecturas (en castelán). 27 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2022. Consultado o 03 de xaneiro de 2022.
  3. ↑ "Medalla da Galiza para Juan Pardo, Luz Casal e Carlos Núñez". Nós Diario. 13 de xullo de 2023.