Saltar ao contido

Lester Hudson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLester Hudson

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1984 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Memphis Editar o valor en Wikidata
EducaciónCentral High School (en) Traducir
University of Tennessee at Martin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura190 cm Editar o valor en Wikidata
Peso190 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porBoston Celtics Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
– Maine Celtics
– Guangdong Southern Tigers
– Shenzhen Leopards
– Qingdao DoubleStar
– Los Angeles Clippers
– Boston Celtics
– Cleveland Cavaliers
– Washington Wizards
– Austin Spurs
– Memphis Grizzlies
2007–2009 Tennessee–Martin Skyhawks men's basketball

Lester Hudson, nado o 7 de agosto de 1984 en Memphis, Tennessee, é un xogador profesional americano de baloncesto que actualmente xoga nos Liaoning Flying Leopards da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria deportiva

[editar | editar a fonte]

Profesional

[editar | editar a fonte]

Hudson foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Boston Celtics. Durante os primeiros meses da tempada 2009-10, Hudson pasou o tempo entre os Celtics e o seu afiliado na NBA D-League, os Maine Red Claws. Foi cortado polos Celtics o 6 de xaneiro de 2010. Dous días máis tarde, foi contratado polos Memphis Grizzlies.[1] Os Grizzlies asignaron a Hudson aos Dakota Wizards da D-League o 28 de febreiro de 2010.[2] Foi cortado o 1 de xullo de 2010. Durante a liga de verán de 2010, xogou para os Washington Wizards, foi invitado aos adestramentos dos Wizards para a tempada 2010-11, e conseguiu entrar no equipo para xogar esa tempada. Tras xogar seis partidos, foi cortado polos Wizards o 21 de novembro de 2010.[3] Foi fichado de novo o 20 de decembro de 2010,[4] pero foi cortado de novo o 5 de xaneiro de 2011.[5]

En xaneiro de 2011, asinou co Guangdong Southern Tigers da Chinese Basketball Association. En novembro de 2011, asinou co Qingdao DoubleStar, tamén da liga chinesa. O 30 de marzo de 2012, Hudson asinou cos Cleveland Cavaliers o primeiro de dous contratos de dez días.[6] Adaptouse moi rapidamente ao equipo, anotando polo menos 23 puntos en tres partidos consecutivos a comezos de abril. O 20 de abril de 2012, tras rematar o segundo contrato de dez días cos Cavaliers, asinou cos Memphis Grizzlies un contrato para o resto da tempada 2011-12.[7] O 1 de outubro de 2013, asinou cos Utah Jazz.[8]

  1. ↑ Grizzlies claim former Central High player Lester Hudson off waivers Arquivado 03 de abril de 2012 en Wayback Machine.. The Commercial Appeal. Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
  2. ↑ Grizzlies opt Hudson to developmental league
  3. ↑ "Wizards sign Alonzo Gee, waive Lester Hudson". ESPN.com (en inglés). 2010-11-22. Consultado o 2022-02-16.
  4. ↑ "Wizards Re-Sign Hudson; Waive Gee". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2010. Consultado o 31 de decembro de 2010.
  5. ↑ "Wizards Waive Lester Hudson". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2012.
  6. ↑ Cavs Sign Lester Hudson to 10-Day Contract
  7. ↑ "Grizzlies sign Lester Hudson". NBA.com. 2012-04-20. Consultado o 2012-04-21.
  8. ↑ Jazz Signs Lester Hudson

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]