Bautizada con este nome antes do seu desciframento sobre 1915 por Friedrich Hrozný, o seu nome causa problemas, pois o pobo hitita utilizaba varias linguas. A súa lingua, que indicaban nos seus textos mediante a palabra nesili, designaba o que hoxe en día chamamos a lingua hitita. Tratábase da lingua falada na rexión da capital orixinaria do reino, Nesa, tamén chamada Kanesh. Sería, xa que logo, máis pertinente chamala nesita. Para evitar calquera confusión, fálase ás veces de hitita-nesita.
Nos textos hititas, con todo, aparecían onda o hitita outras dúas linguas, cada unha precedida por unha palabra alusiva á lingua que seguía:
hattili, que designaba textos escritos nunha lingua non indoeuropea, o hatti e que se corresponde coa lingua falada antes da invasión indoeuropea de Anatolia.
O termo de hitita debería terse aplicado á lingua hatti, pero como a elección do nome da lingua tivo lugar antes do desciframento, aplícase ao nesita.