A lingua shawnee (saawanwaatoweewe, sâwanwâtowêwe)[1] é unha lingua algonquina falada en partes do centro e nordeste de Oklahoma polo pobo shawnee. Era orixinalmente falada por este pobo nun territorio amplo no leste dos actuais Estados Unidos, maioritariamente ao norte do río Ohio. Ocupaban territorio en Ohio, Virxinia Occidental, Kentucky e Pensilvania. O shawnee está intimamente relacionado con outras linguas algonquinas, como o mesquakie-aauk (sac e fox) e o kickapoo. Segundo un censo de 2015, conta con 260 falantes, aínda que o seu número está a minguar. É unha lingua polisintética que se caracteriza como ter liberdade na ordenación das palabras.[2] O shawnee está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]
Andrews, Kenneth (1994). Shawnee Grammar (Tese). Columbia: University of South Carolina.
Costa, David J. (2001). "Shawnee Noun Plurals". Anthropological Linguistics43: 255–287.
Costa, David J. (2002). "Preverb Usage in Shawnee Narratives". En Wolfart, H. C. Papers of the 33rd Algonquian Conference. Winnipeg: University of Manitoba. pp.120–161.
Voegelin, Carl F. (1936). "Productive Paradigms in Shawnee". En Lowie, Robert H.Essays in Anthropology presented to A. L. Kroeber. Berkeley: University of California Press. pp.391–403.
Voegelin, Carl F. (1938–1940). Shawnee Stems and the Jacob P. Dunn Miami Dictionary. Indiana Historical Society Prehistory Research Series 1. Indianapolis. pp.63–108, 135–167, 289–323, 345–406, 409–478.