Olius é un concello da provincia de Lleida, en Cataluña, pertencente á comarca do Solsonès.
Tiña en 2014 unha poboación de 902 habitantes agrupados en 4 entidades de poboación: Brics, el Castellvell, Olius e a capital municipal, el Pi de Sant Just.
Destacan a igrexa de Sant Esteve e a súa cripta, e o cemiterio municipal.