O seu termo municipal ten unha extensión de 5,85 km². Limita ao norte con Gaztelu e o exclave de Anakar (Lizartza), ao oeste con Lizartza, ao sur con Araitz (Navarra) a ao leste cos exclaves de Uli (Gaztelu) e Orunbe (Lizartza) e con Berastegi. O pequeno exclave de Zotzune limita co concello navarro de Areso e cos exclaves de Orunbe e Uli. Tiña en 2015 unha poboación de 126 habitantes.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.