Project Hail Mary (filme)
| Project Hail Mary | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata |
Project Hail Mary é un filme estadounidense de ciencia ficción de 2026 producido e dirixido por Phil Lord e Christopher Miller e escrito por Drew Goddard. Baséase na novela de 2021 de Andy Weir. Está protagonizado por Ryan Gosling, quen tamén produciu o filme; Sandra Hüller, James Ortiz e Lionel Boyce interpretan papeis secundarios. A historia segue a Ryland Grace (Gosling), un mestre de secundaria que esperta a bordo dunha nave interestelar sen lembrar como chegou alí.
A preproducción comezou en 2020, antes de que se publicase a novela de Weir. Goddard, quen escribiu o guión para a adaptación cinematográfica da novela anterior de Weir, The Martian (2015), regresou para este filme. A rodaxe tivo lugar ao longo de 2024 no Reino Unido, tanto en localizacións como en sets. Todas as escenas a bordo da nave espacial, Hail Mary, foron filmadas nun conxunto práctico real que foi construído para o filme.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ryan Gosling como Ryland Grace
- Sandra Hüller como Eva Stratt[1]
- James Ortiz como Rocky.[2] O personaxe foi interpretado a través dun monicreque controlado por un equipo de cinco persoas lideradas por Ortiz, alcumados os "Rockyteers", con Ortiz tamén proporcionando a voz artificial que se lle asignou.[3]
- Lionel Boyce como Carl
- Ken Leung como Yao Li-Jie
- Milana Vayntrub como Olesya Ilyukhina
- Priya Kansara como a voz de Mary
- Malachi Kirby como Martin Dubois[4]
- Liz Kingsman como Annie Shapiro
- Mia Soteriou como Dr. Browne
- Orion Lee como Dr. Li
- Michelle Greenidge como Chimamanda
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kroll, Justin (29 de maio de 2024). "Anatomy of a Fall Star Sandra Hüller to Co-Star Opposite Ryan Gosling in Project Hail Mary Adaptation for Amazon MGM Studios, Amy Pascal and Lord & Miller". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2025. Consultado o 29 de maio de 2024.
- ↑ Lang, Brent (8 de febreiro de 2026). "Project Hail Mary Casts Puppeteer and Performer James Ortiz as Rocky". Variety. Consultado o 19 de mrzo de 2026.
- ↑ Mosness, Carissa (20 de marzo de 2026). "Project Hail Mary Author Andy Weir Reveals the Real Science Behind It (Exclusive)". Woman's World. Consultado o 20 de marzo de 2026.
- ↑ Scott, Ryan (19 de marzo de 2026). "Where Have You Seen All the Project Hail Mary Crew Members Before". SlashFilm. Consultado o 20 de marzo de 2026.
- Filmes de 2026
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Phil Lord e Christopher Miller
- Filmes de ciencia ficción e aventuras dos Estados Unidos de América
- Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer
- Filmes de Shepperton Studios
- Filmes ambientados en 2032
- Filmes sobre educadores
- Filmes sobre amnesia