Radio Clásica
| Radio Clásica | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Radio Clásica é unha emisora de radio española de ámbito estatal pertencente á cadea pública Radio Nacional de España. Naceu o 22 de novembro de 1965 baixo o nome de Segundo Programa de RNE. Tras ser renomeada Radio 2, en 1994 adopta a súa denominación actual.
Os contidos da emisora céntranse fundamentalmente na música clásica, aínda que tamén ten programas especializados noutras músicas que non teñen cabida nas radios comerciais: folclore, jazz, flamenco, zarzuela, ópera e cancións populares. Ademais ten programas culturais dedicados á pedagoxía, a literatura ou a danza.
Radio Clásica colabora activamente coa Unión Europea de Radiodifusión (UER), a Orquestra e Coro de RTVE, a Orquestra e Coro Nacional de España, a Orquestra Simfònica de Barcelona i Nacional de Catalunya, a Fundación Juan March ou o Gran Teatre del Liceu na retransmisión de concertos en directo.
Con motivo da retransmisión en directo da ópera Don Pasquale dende o Metropolitan Opera House de Nova York o 19 de febreiro de 2011 púxose en marcha Radio Clásica HQ. Dende ese momento, as emisións de Radio Clásica na Televisión Dixital Terrestre teñen un son en calidade de 320 kb/seg. A partir de xaneiro de 2012, RTVE engadiu un segundo son polo cal emiten con son 5.1 Dolby Digital +, con calidade de 320 kb/seg, aínda que non emite as 24 horas neste formato, unicamente os concertos que dispoñen neste formato.
Programación de Radio Clásica
[editar | editar a fonte]A emisora especializada busca incrementar a súa presenza na sociedade e interactuar con ela, para o que renova a súa linguaxe sen perder as súas señas de identidade.
Dentro da programación da emisora inclúense programas dedicados especialmente ao público xuvenil e infantil, así como os didácticos e de carácter de investigación e divulgación, que teñen unha presenza especialmente destacada na páxina web da emisora baixo a epígrafe de Aula de música. Os concertos sempre foron outra das principais ofertas da emisora, que aumenta a súa colaboración coas principais institucións españolas e internacionais.
A emisora conta cunha importante presenza internacional a través da UER, labor recoñecida coa elección da representación de Radio Clásica no comité directivo do grupo Euroradioclassics.
Radio Clásica caracterízase tamén polo seu apoio á vangarda, o que marca o seu compromiso coa nova creación musical e a arte sonora, apartado no que Radio Clásica é un dos principais dinamizadores do país. A cadea conta tamén cunha páxina web que busca unha maior participación e interactividade co público, cos novos xeitos de escoita e as amplas posibilidades que ofrece a radio á carta.
Programas de Radio Clásica
[editar | editar a fonte]| Programa | Condutor | Descrición - Temática |
|---|---|---|
Álbum de discos |
Ángel Sánchez Manglanos |
Espazo dedicado á presentación de novidades discográficas que chegan á redacción de Radio Clásica |
América mágica |
Mikaela Vergara |
Unha viaxe musical polas culturas de Iberoamérica dende a época colonial ata a actualidade |
Ars canendi |
Arturo Reverter |
A arte do canto. O misterio da voz desvelado |
Ars sonora |
Miguel Álvarez-Fernández |
Un oído atento á arte sonora española e internacional, con referencia especial á arte radiofónica e á creación con medios electrónicos |
Conciertos de la OCBNC |
Javier Pérez Senz |
Concertos da Orquestra i Cor de Barcelona i Nacional de Catalunya |
Conciertos de la OCNE |
José Luis Pérez de Arteaga |
Concertos da Orquesta y Coro Nacional de España |
Contra viento y madera |
Diego Requena |
A difusión da música de banda e todas aquelas agrupacións que se basean nos instrumentos de vento como parte fundamental da súa composición |
Correo del oyente |
Mercedes Puente |
Programa que atiende ás peticións musicais dos oíntes da emisora a través do contestador telefónico ou o correo electrónico |
Divertimento |
Beatriz Torío |
Coidada selección musical de obras que percorren toda a historia da música |
El fantasma de la ópera |
Rafael Banús |
Inmersión no mundo da ópera, coa audición dun espectáculo completo, a meirande parte das veces en vivo |
El mundo de la fonografía |
José Luis Pérez de Arteaga |
Un veterano programa que, centrado na área do son gravado, pasa revista a novidades discográficas, producións históricas, e a conmemoracións e efemérides, sempre evocadas a través de rexistros fonográficos |
El oído atento |
Fernando Palacios |
Programa que sitúa no espazo e abre ante o oínte o paradoxal libro do tempo |
El rincón de los niños |
Sabrina Aguado |
Programa onde os auténticos protagonistas son os nenos. Cada sábado viaxa a un mundo de fantasía, maxia e ilusión |
En otros lugares |
Alberto González Lapuente |
Este programa trata de primeiras visitas a lugares, das músicas que as ambientaron, do recordo dos seus visitantes e da recreación da súa estancia |
Fila cero (UER) |
Equipo de Radio Clásica |
Concertos da Unión Europea de Radiodifusión |
Fila cero (ORCAM) |
Equipo de Radio Clásica |
Concertos da Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid |
Fila cero (Fundación Juan March) |
Equipo de Radio Clásica |
Concentos da Fundación Juan March |
Fila cero (Liceu) |
Equipo de Radio Clásica |
Concertos do Gran Teatre del Liceu |
Fila cero (OCRTVE) |
Equipo de Radio Clásica |
Concertos da Orquestra y Coro de RTVE |
Gran auditorio |
Roberto Mendés |
Programa que recolle a produción concertística das emisoras asociadas á UER que intercambian con Radio Clásica as súas recentes producións |
Grandes ciclos |
Eva Sandoval |
A figura de compositores, directores, intérpretes solistas ou conxuntos destacados dentro do panorama musical nacional e internacional |
Historia y música |
Roberto Mendés |
Espazo dedicado a comentar as obras musicais que interveñen directamente na historia |
Jazz porque sí |
Juan Claudio Cifuentes |
Un espazo dedicado integramente ao jazz |
Juego de espejos |
Luis Suñén |
Entrevista con personaxes da cultura e a ciencia que non viven da música, mais si coa música |
La casa del sonido |
José Luis Carles |
A música conecta cos sons da rúa, o ruído ambiental, a paisaxe sonora e a ecoloxía acústica |
La guitarra |
Ángel Sánchez Manglanos |
Programa monográfico dedicado a este instrumento, cos seus máis importantes intérpretes e os máis variados repertorios |
La zarzuela |
Martín Llade |
Programa dedicado ao xénero lírico español. Nel repásanse tanto os títulos de sempre como aqueles menos difundidos, que teñen contribuído a dar forma ao xénero |
Los colores de la noche |
Sergio Pagán |
Espazo aberto a músicas variadas |
Los imprescindibles |
José Luis Nieto |
Programa destinado a oíntes menos experimentados, que precisan achegarse ás obras mestras a través da análise e comentarios dun profesor |
Los raros |
Juan Manuel Viana |
Rarezas e máis |
Matiné |
Laura Prieto |
Programa que inclúe concertos tanto de produción propia como de intercambio internacional da UER, no espírito das tradicionais sesións matinais de concertos |
Melodías de comedia |
Eva Sandoval |
Espazo dedicado aos principais autores e intérpretes da opereta francesa, vienesa e alemá, do musical anglosaxón e dos xéneros cómicos españois e italianos |
Museo de instrumentos |
Ana Casado |
Añafiles, guiternes, cítolas, theremines, chalumeaux... Este programa invita ao oínte a visitar un museo de instrumentos musicais en cada programa |
Música antigua |
Sergio Pagán |
Móstrase a inmensa riqueza dos cerca de dez séculos de música (VIII a XVIII) que non é moi frecuente escoitar |
Música coral |
José Carlos Sandúa Maño |
Programa dedicado ao repertorio para varias voces: cuartetos, coros de cámara, coros femininos, masculinos, coros mixtos, escolanías, orfeóns... |
Música joven |
Beatriz Torío |
Programa de difusión e promoción dos novos valores da música en España: compositores, solistas, conxuntos de cámara, orquestras, directores... |
Músicas de España |
Alberto González Lapuente |
Actualidade e revisión da produción musical española en todo o seu amplo espectro |
Músicas de tradición oral |
Gonzalo Pérez Trascasa |
A volta ao mundo polas súas músicas de tradición oral |
Música viva |
Álvaro Guibert |
Programa que emite gravacións da emisora (concertos do CDMC no Museo Raíña Sofía e outros ciclos), gravacións de intercambio internacional da UER e gravacións presentadas na Tribuna de Compositores Xoves da UNESCO |
Música y significado |
Luis Ángel de Benito |
Programa de análise musical que fala da partitura e se adentra "ao outro lado do pentagrama" |
Nuestra orquesta y coro |
Cristina Moreno |
Informativo sobre a Orquesta y Coro de RTVE |
Nuestro flamenco |
José María Velázquez-Gaztelu |
Unha mirada experta polo flamenco |
Primer movimiento |
Jesús Trujillo |
A revista musical que Radio Clásica dedica aos melómanos máis madrugadores da fin de semana |
Radiofonías |
Ana Vega Toscano |
Espazo que aborda a intersección do medio radiofónico con outros campos y disciplinas, nun intercambio que vai reflectir case un século de experiencias fluídas entre medios |
Redacción de Radio Clásica |
Mikaela Vergara y Diego Requena |
Magacín de actualidade da emisora que ofrece unha coidada selección musical ao fío da actualidade |
Taller arte |
Rosa Pérez |
Lugar de encontro de novos artistas, que provenientes de distintos ámbitos da creación sonora, promoven unha linguaxe musical dixital |
Temas de música |
Santiago Martín Bermúdez |
A intimidade da música francesa |
Todas las mañanas del mundo |
Martín Llade |
Programa que nace coa vocación de acompañar aos oíntes de Radio Clásica nas súas primeiras horas do día |
Una noche en el cine |
Ana Vega Toscano |
Música e voces da historia do cine |
Vía límite |
Juan Manuel Costa |
Vía Límite trata dos puntos de intersección entre o auditivo e outras artes como as visuales, a performance, ou mesmo o land art ou a arquitectura |
Viaje a Ítaca |
Carlos de Matesanz |
Programa bisagra entre dous espazos dedicados á transmisión de concertos, preséntase como unha selección musical variada, mais con identidade propia, en cada un dos seus días de emisión |
Dirección de Radio Clásica
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
- Enrique Franco Manera (1965-1982)
- Arturo Reverter y Gutiérrez de Terán (1982-1986)
- José María Quero (1986-1989)
- Arturo Reverter y Gutiérrez de Terán (1990)
- Miguel Alonso Gómez (1991)
- Adolfo Gross (1992-2004)
- José Manuel Berea (2004-2008)
- Fernando Palacios (2008-2010)
- Ana Vega Toscano (2010-)
Logotipos de Radio Clásica
[editar | editar a fonte]| 1988 - 1994 | 1994 - 1999 | 1999 - 2008 | 2008 - Actualidade |
|---|