Saltar ao contido

Ribadumia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ribadumia
 Nome oficial
    Ribadumia (gl)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe
 Instancia de
 Lista do elemento
Implicados
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
4.240 (2001) rexistro civil
4.182 (2002) rexistro civil
4.238 (2004) rexistro civil
4.317 (2005) rexistro civil
4.529 (2006) rexistro civil
4.658 (2007) rexistro civil
4.781 (2008) rexistro civil
4.874 (2009) rexistro civil
5.028 (2010) rexistro civil
5.107 (2011) rexistro civil
5.166 (2012) rexistro civil
5.168 (2013) rexistro civil
5.103 (2014) rexistro civil
5.087 (2015) rexistro civil
5.105 (2016) rexistro civil
5.081 (2017) rexistro civil
5.069 (2018) rexistro civil
5.052 (2019) rexistro civil
5.105 (2020) rexistro civil
5.157 (2021) rexistro civil
5.193 (2022) rexistro civil
5.189 (2023) rexistro civil
5.212 (2024) rexistro civil
5.171 (2025) padrón municipal Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   2.593 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   2.459 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   19,6 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal36636 Editar o valor en Wikidata
Código INE36046 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap345980 Editar o valor en Wikidata
VIAF131551577 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/09k5l6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 178330 BNE: XX454014
Wikidata G:Commons C:Commons

Ribadumia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés. Segundo datos do IGE, tiña 5.171 habitantes no ano 2025, dos que 2.661 eran mulleres e 2.510 homes, o que representa un aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 5.105 veciños, e 2010, cando eran 5.028

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribadumiense».

Xeografía

[editar | editar a fonte]

En consonancia coas terras que o rodean, o relevo de Ribadumia caracterízase polo dominio da planicie, unicamente alterada en áreas montañosas, de baixa altitude. O termo incluído no val do Salnés, debe a súa orixe á combinación dunha dobre influencia tectónica e a erosión diferencial. Desta forma pódense distinguir dous bloques constitutivos fundamentais: o val do Umia e unha serie de montes que, con dirección de nordeste a suroeste, define o interfluvio deste río con Fonte Espiña, con pendentes pouco pronunciadas.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Os censos rexistrados dende 1900 ata a actualidade ratifican o crecemento experimentado por Ribadumia. A poboación que sinala o último padrón municipal (2025) ascende a 5.171 persoas, cun aumento moi significativo respecto ós 3.057 que había a comezos do século XX. A evolución, lenta pero positiva, dos seus efectivos foi case constante, coa excepción daqueles momentos nos que a emigración lle afectou á maior parte do rural galego. Neste censo, non se notaron tanto os efectos das primeiras vagas con rumbo a ultramar como os daquelas que tiveron como destino as cidades máis industrializadas do ámbito galego, español e europeo. Precisamente a elas corresponden as inflexións rexistradas nos períodos 1900-10 (de 1.057 a 1.006), 1950-60 (de 3.697 a 3.441) e 1981-91 (de 4027 a 3656), aínda que esta última é maiormente atribuíble á redución da natalidade.

O crecemento natural, que era do 0,56% en 1987, comezou a cambiar de signo a finais dos 80, camiño da cifra que sitúa este indicador cun símbolo negativo (-0,22%)

Cantidade de poboaciónAno40004200440046004800500052005400200020052010201520202025RibadumiaEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

O pazo de Barrantes é unha casa grande, construída orixinariamente entre finais do século XV e comezos do XVI, e que sufriu dous procesos de reconstrución. Na súa leira hai un grande hórreo e unha capela.

O pazo da Pedreira foi construído durante a segunda metade do século XV, e tamén sufriu varias reformas. Na fachada principal hai unha imaxe da Virxe da Anunciación. Tamén ten capela.

O pazo do Monte foi construído no século XVIII, e na actualidade está abandonado. Tamén ten capela de seu.

O quinteiro da Cruz é orixinario de finais do século XVIII. Ten un xardín de estilo inglés con gran diversidade ornamental e áreas de produción vitivinícola. A leira ten fontes, cruceiros, piornos, reloxos de sol e un lavadoiro.

A igrexa de San André de Barrantes, orixinaria de comezos do século XIII, conserva algún elemento románico, pero sufriu unha importante remodelación na época barroca.

A igrexa de Santa María de Besomaño, tamén de orixe románica, foi reconstruída no século XVIII.

A igrexa de San Xoán de Leiro conserva unha fiestra con arco de ferradura do período prerrománico. Foi remodelada no século XVIII.

A igrexa de San Fiz de Lois ten a súa orixe no século XII, pero foi reconstruída no século XVIII.

A igrexa de Santa Baga de Ribadumia, de orixe románica, foi remodelada a comezos do século XIX.

A igrexa de San Clemezo de Sisán, construída no século XVI, foi ampliada e remodelada no século XVII.

Celebración do tinto do Salnés, 2011.

Desde 1972 celébrase a festa do viño tinto do Salnés. Desde 2002 celébrase no mes de agosto, a festa do pan do Salnés.

O Ribadumia Club de Fútbol fundouse en 1959, e na tempada 2014-15 competiu en terceira división.

No ano 2006 celebrouse no concello o Campionato de España de Ciclocross.

[editar | editar a fonte]
  • Indo para Santa Baia,/ formigueiro de formigas,/ vindo para San Martiño/ ¡ai que lindas raparigas! [1].
  • San Vicente de Padrenda/ ten unha rosa na man/ que lla mandou de regalo/ San Clemenzo de Sisán [2].

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Ribadumia

Barrantes (Santo André) | Besomaño (Santa María) | Leiro (San Xoán) | Lois (San Fins) | Ribadumia (Santa Baia) | Sisán (San Clemenzo)

Lugares de Ribadumia

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribadumia vexa: Lugares de Ribadumia.

  1. Fermín Bouza-Brey 1929, 172. As parroquias de San Martiño de Meis e de Santa Baia de Ribadumia son estremeiras.
  2. Fermín Bouza-Brey 1929, 183. Padrenda é parroquia de Meaño pero con advocación a San Martiño. San Clemenzo de Sisán é parroquia de Ribadumia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.