STAT1
| STAT1 | |||
|---|---|---|---|
| Estruturas dispoñibles | |||
| PDB | Buscar ortólogos: PDBe, RCSB | ||
| Identificadores | |||
| Nomenclatura | Outros nomes
| ||
| Símbolos | STAT1 (HGNC: 11362) STAT1, CANDF7, IMD31A, IMD31B, IMD31C, ISGF-3, STAT91 | ||
| Identificadores externos | |||
| Locus | Cr. 2 q32.2 | ||
| Padrón de expresión de ARNm | |||
| Máis información | |||
| Ortólogos | |||
| Especies |
| ||
| Entrez |
| ||
| Ensembl |
| ||
| UniProt |
| ||
| RefSeq (ARNm) |
| ||
| RefSeq (proteína) NCBI |
| ||
| Localización (UCSC) |
| ||
| PubMed (Busca) |
| ||
O transdutor de sinais e activador da tanscrición 1 (STAT1) é un factor de transcrición que nos humanos está codificado no xene STAT1 do cromosoma 2. É un membro da familia da proteína STAT.[1]
Función
[editar | editar a fonte]Todas as moléculas STAT son fosforiladas por quinases asociadas ao receptor, o que causa a súa activación, dimerización por formación de homo- ou heterodímeros e finalmente o traslado ao núcleo para funcionaren alí como factores de tanscrición. Especificamente, STAT1 pode ser activado por varios ligandos como o interferón alfa (IFNα), interferón gamma (IFNγ), factor de crecemento epidérmico (EGF), factor de crecemento derivado de plaquetas (PDGF), interleucina 6 (IL-6) ou interleucina 27 (IL-27).[2]
Os interferóns tipo I (IFN-α, IFN-β) únense aos receptores, causan a sinalización por medio de quinases, fosforilan e activan as quinases Jak TYK2 e JAK1 e tamén STAT1 e STAT2. As moléculas STAT forman dímeros e únense a ISGF3G/IRF-9.[3] Isto permite que STAT1 entre no núcleo.[4] STAT1 ten un papel clave en moitas expresións xénicas que causan a superivencia da célula, a viabilidade ou a resposta a patóxenos. Hai dous transcritos posibles formados por empalme alternativo que codifican dúas isoformas de STAT1.[5][6] A isoforma STAT1α, a versión de lonxitude completa da poteína, é a principal isoforma activa, responsable da maior parte das funcións coñecidas de STAT1. A isoforma STAT1β, que carece dunha porción do C-terminal da proteína, está menos estudado, pero informouse que regula negativamente a activación de STAT1 ou que mediador de actividades antitumorais e antiinfeccións dependentes de IFN-γ.[7][8][9]
STAT1 está implicado na regulación á alza de xenes debido a un sinal que pode ser dos interferóns de tipo I, tipo II ou tipo III. En resposta á estimulación polo IFN-γ, STAT1 forma homodímeros ou heterodímeros con STAT3, que se une ao elemento promotor GAS (Secuencia Activada polo interferón Gamma); en responsta á estimulación por IFN-α ou IFN-β, STAT1 forma un heterodímero con STAT2m que pode unirse ao elemento promotor ISRE (Elemento de Resposta eStimulada polo Interferón).[10] En ambos os casos, a unión ao elemento promotor orixina un incremento da expresión de xenes estimulados polo interferón (ISG).[11]
A expresión de STAT1 pode ser inducida con disulfuro de dialilo, un composto que se encontra no allo.[12]
Mutacións de STAT1
[editar | editar a fonte]As mutacións da molécula STAT1 poden ser de ganancia de función ou de perda de función. Ambas as dúas causan diferentes fenotipos e síntomas. As infeccións comúns recorrentes son frecuentes tanto nas mutacións de ganancia coma de perda de función. Nos humanos STAT1 estivo baixo selección purificante cando as poboacións humanas cambiaron de ser cazadores-colectores a granxeiros, porque isto estivo acompañado dun cambio do espectro de patóxenos.[13]
Perda de función
[editar | editar a fonte]A perda de función de STAT1 ou deficiencia de STAT1 pode ter moitas variantes. Hai dúas alteracións xenéticas principais que poden afectar a resposta dos interferóns de tipo I e III. Primeiro pode haber unha deficiencia parcial ou incluso completa de STAT1 autosómica recesiva. Isto causa que se favorezan doenzas bacterianas intracelulares ou infeccións virais e altera as respostas de IFN-α, β, γ e IL-27. En forma parcial poden atoparse altos niveis de IFN-γ no soro sanguíneo. Cando se testan no sangue completo, os monocitos non responden ao BCG e a doses de IFN-γ con produción de IL-12. Na forma completamente recesiva hai unha resposta moi baixa á medicación antiviral e antimicótica. En segundo lugar, a deficiencia parcial de STAT1 pode tamén ser unha mutación autosómica dominante; causando fenotipicamente unha alteración das respostas de IFN-γ e facendo que os pacientes sufran doenzas bacterianas intracelulares selectivas.[14]
Nun rato knock-out preparado na década de 1990, descubriuse unha baixa cantidade de células T reguladoras CD4+ e CD25+ e case ningunha resposta de IFNα, β e γ, o cal favorecía as infeccións parasitarias, virais e bacterianas. O primeiro caso do que se informou de deficiencia de STAT1 en humanos foi unha mutación autosómica dominante na que os pacientes mostraban propensión ás infeccións micobacterianas.[5] Outro informe dun caso foi dunha forma autosómica recesiva. Dous pacientes relacionados tiñan unha mutación con cambio de sentido homocigota en STAT1 que causaba unha alteración do empalme e, por tanto, un defecto na proteína madura. Os pacientes tiñan unha resposta parcialmente alterada dos IFN-α e IFN-γ. Agora considérase que a deficiencia de STAT1 recesiva é unha nova forma de inmunodeficiencia primaria e sempre que un paciente sofre infeccións bacterianas e virais repentinas, graves e inesperadas, debería considerarse como potenciamente deficiente para STAT1.[15][16]
Os interferóns inducen a formación de dous activadores tanscricionais: o factor activador gamma (GAF) e o factor gamma estimulado polo interferón 3 (ISGF3). Unha mutación de STAT1 de liña xerminal heterocigota natural está asociada coa susceptibilidade ás micobacterias, pero non se atoparon enfermidades virais en dous pacientes non relacionados con esa mutación e con enfermidade micobacteriana non explicada (a inmunidade viral non estaba afectada).[17] Esta mutación causaba unha perda de GAF e activación de ISGF3 pero era dominante para un fenotipo celular e recesiva para o outro. Alteraba a acumulación nuclear de GAF, pero non a de ISGF3 en células estimuladas por interferóns, o que implica que GAF é o mediador nos efectos antimicobacterianos pero non nos antivirais dos interferóns humanos. Máis recentemente, identificáronse dous pacientes con mutacións en STAT-1 homocigotas que desenvolveron tanto unha doenza diseminada despois da vacinación con BCG coma infeccións virais letais. As mutacións nestes pacientes causaban unha completa ausencia de STAT-1 e resultaban nunha falta de formación de GAF e de ISGF3.[18]
Ganancia de función
[editar | editar a fonte]As mutacións de ganancia de función para STAT1 descubríronse inicialmente en pacientes de candidíase mucocutánea crónica (CMC). Esta doenza consiste en infeccións persistentes da pel, mucosas oral ou xenital e uñas causadas por Candida, principalmente Candida albicans. A CMC pode con moita frecuencia ser o resultado dunha inmunodeficiencia primaria. Os pacientes con CMC adoitan sufrir tamén infeccións bacterianas (maiormente de Staphylococcus aureus), con infeccións no sistema respiratorio e pel. Nestes pacientes poden encontrarse tamén infeccións virais causadas principalmente por Herpesviridae, que tamén afectan a pel. As infeccións micobacterianas cáusanas a miúdo Mycobacterium tuberculosis ou bacterias ambientais. Son tamén moi comúns os síntomas autoinmunes como a diabetes tipo 1, citopenia, regresión do timo ou lupus eritematoso sistémico. Cando hai deficiencia de células T, estas doenzas autoinmunes son moi comúns. A CMC tamén se informou como síntoma común en pacientes con síndrome de hiper inmunoglobulina E (hiper-IgE) e con síndrome poliendócrina autoinmune tipo I. Informouse do papel da interleucina 17A, debido aos baixos niveis de células T produtoras de IL-17A en pacientes de CMC.
Descubriuse con varios métodos xenómicos e xenéticos que unha mutación heterocigota de ganancia de función de STAT1 é a causa de máis da metade dos casos de CMC. Esta mutación cáusase por un defecto no dominio superenrolado, no dominio que se une ao ADN, no dominio N-terminal ou no dominio SH2. Debido a isto hai un incremento da fosforilación porque é imposible a desfosforilación no núcleo. Estes procesos dependen de citocinas como os interferóns α, β, γ ou a interleucina 27. Como se mencionou antes, observáronse baixos niveis de interleucina 17A, o que impide a polarización de Th17 da resposta inmune.
Os pacientes con mutación de ganancia de función de STAT1 e CMC responden mal ou en absoluto ao tratamento con fármacos azólicos comos Fluconazole, Itraconazole ou Posaconazole. Ademais das infeccións virais e bacterianas comúns, estes pacientes desenvolven autoinmunidades ou mesmo carcinomas. É moi complicado atopar un tratamento debido á variedade de síntomas e resistencias, pero estanse testando inhibidores da vía JAK/STAT como Ruxolitinib e son unha posible elección para o tratamento destes pacientes.[19][2][20]
Interaccións
[editar | editar a fonte]STAT1 ten interaccións con:
- BRCA1,[21]
- C-jun,[22]
- CD117,[23]
- Proteína que se une a CREB,[24]
- Receptor de calcitriol,[25]
- Receptor do factor de crecemento epidérmico,[26][27]
- Anemia de Fanconi, grupo de complementación C,[28][29][30]
- GNB2L1,[31][32]
- IFNAR2,[31][33]
- IRF1,[34]
- ISGF3G[35]
- Subunidade alfa do receptor da interleucina 27,[36]
- MCM5,[37][38]
- Diana de mamíferos da rapamicina,[39]
- PIAS1,[40]
- PRKCD,[39]
- PTK2,[41]
- Proteína quinase R,[42][43]
- STAT2,[44][45][46]
- STAT3,[27][47][48]
- Src[26][49] e
- TRADD.[50]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Subedi P, Huber K, Sterr C, Dietz A, Strasser L, Kaestle F, et al. (2023). "Towards unravelling biological mechanisms behind radiation-induced oral mucositis via mass spectrometry-based proteomics". Frontiers in Oncology. 13 (número de artigo: 1180642). PMC 10298177. PMID 37384298. doi:10.3389/fonc.2023.1180642.
- 1 2 Baris S, Alroqi F, Kiykim A, Karakoc-Aydiner E, Ogulur I, Ozen A, Charbonnier LM, Bakır M, Boztug K, Chatila TA, Barlan IB (outubro de 2016). "Severe Early-Onset Combined Immunodeficiency due to Heterozygous Gain-of-Function Mutations in STAT1". Journal of Clinical Immunology 36 (7): 641–8. PMC 5556363. PMID 27379765. doi:10.1007/s10875-016-0312-3.
- ↑ Subedi P, Huber K, Sterr C, Dietz A, Strasser L, Kaestle F, et al. (2023). "Towards unravelling biological mechanisms behind radiation-induced oral mucositis via mass spectrometry-based proteomics". Frontiers in Oncology. 13 (número de artigo: 1180642). PMC 10298177. PMID 37384298. doi:10.3389/fonc.2023.1180642.
- ↑ "IRF9 Gene - GeneCards | IRF9 Protein | IRF9 Antibody". GeneCards Human Gene Database. Consultado o 2017-06-01.
- 1 2 "STAT1 - Signal transducer and activator of transcription 1-alpha/beta - Homo sapiens (Human) - STAT1 gene & protein". www.uniprot.org. Consultado o 2017-06-01.
- ↑ "STAT1 signal transducer and activator of transcription 1 [Homo sapiens (human)] - Gene - NCBI". www.ncbi.nlm.nih.gov. Consultado o 2017-06-01.
- ↑ Baran-Marszak F, Feuillard J, Najjar I, Le Clorennec C, Béchet JM, Dusanter-Fourt I, et al. (outubro de 2004). "Differential roles of STAT1alpha and STAT1beta in fludarabine-induced cell cycle arrest and apoptosis in human B cells". Blood 104 (8): 2475–2483. PMID 15217838. doi:10.1182/blood-2003-10-3508.
- ↑ Zhang Y, Chen Y, Yun H, Liu Z, Su M, Lai R (outubro de 2017). "STAT1β enhances STAT1 function by protecting STAT1α from degradation in esophageal squamous cell carcinoma". Cell Death & Disease 8 (10): e3077. PMC 5682650. PMID 28981100. doi:10.1038/cddis.2017.481.
- ↑ Semper C, Leitner NR, Lassnig C, Parrini M, Mahlakõiv T, Rammerstorfer M, et al. (xuño de 2014). "STAT1β is not dominant negative and is capable of contributing to gamma interferon-dependent innate immunity". Molecular and Cellular Biology 34 (12): 2235–2248. PMC 4054301. PMID 24710278. doi:10.1128/mcb.00295-14.
- ↑ Katze MG, He Y, Gale M (setembro de 2002). "Viruses and interferon: a fight for supremacy". Nature Reviews. Immunology 2 (9): 675–87. PMID 12209136. doi:10.1038/nri888.
- ↑ Subedi P, Huber K, Sterr C, Dietz A, Strasser L, Kaestle F, Hauck SM, Duchrow L, Aldrian C, Monroy Ordonez EB, Luka B, Thomsen AR, Henke M, Gomolka M, Rößler U, Azimzadeh O, Moertl S, Hornhardt S (2023). "Towards unravelling biological mechanisms behind radiation-induced oral mucositis via mass spectrometry-based proteomics". Frontiers in Oncology 13. PMC 10298177. PMID 37384298. doi:10.3389/fonc.2023.1180642.
- ↑ Lu HF, Yang JS, Lin YT, Tan TW, Ip SW, Li YC, Tsou MF, Chung JG (2007). "Diallyl disulfide induced signal transducer and activator of transcription 1 expression in human colon cancer colo 205 cells using differential display RT-PCR". Cancer Genomics & Proteomics 4 (2): 93–7. PMID 17804871.
- ↑ Deschamps M, Laval G, Fagny M, Itan Y, Abel L, Casanova JL, et al. (xaneiro de 2016). "Genomic Signatures of Selective Pressures and Introgression from Archaic Hominins at Human Innate Immunity Genes". American Journal of Human Genetics 98 (1): 5–21. PMC 4716683. PMID 26748513. doi:10.1016/j.ajhg.2015.11.014.
- ↑ Rezaei N, Aghamohammadi A, Notarangelo LD (2016-11-30). Primary Immunodeficiency Diseases: Definition, Diagnosis, and Management. Springer. ISBN 978-3-662-52909-6.
- ↑ Chapgier A, Kong XF, Boisson-Dupuis S, Jouanguy E, Averbuch D, Feinberg J, Zhang SY, Bustamante J, Vogt G, Lejeune J, Mayola E, de Beaucoudrey L, Abel L, Engelhard D, Casanova JL (xuño de 2009). "A partial form of recessive STAT1 deficiency in humans". The Journal of Clinical Investigation 119 (6): 1502–14. PMC 2689115. PMID 19436109. doi:10.1172/jci37083.
- ↑ "Defects of STAT1 in Human. Loss of Function exposes to Mycobacteria. Gain of Function exposes to Candida". www.asid.ma-gb. Arquivado dende o orixinal o 2017-08-29. Consultado o 2017-06-01.
- ↑ Dupuis S, Dargemont C, Fieschi C, et al. Impairment of mycobacterial but not viral immunity by a germline human STAT1 mutation. Science. 2001;293(5528):300–303.
- ↑ Dupuis S, Jouanguy E, Al Hajjar S, et al. Impaired response to interferon-alpha/beta and lethal viral disease in human STAT1 deficiency. Nat Genet. 2003;33(3):388–391.
- ↑ Toubiana J, Okada S, Hiller J, Oleastro M, Lagos Gomez M, Aldave Becerra JC, Ouachée-Chardin M, Fouyssac F, Girisha KM, Etzioni A, Van Montfrans J, Camcioglu Y, Kerns LA, Belohradsky B, Blanche S, Bousfiha A, Rodriguez-Gallego C, Meyts I, Kisand K, Reichenbach J, Renner ED, Rosenzweig S, Grimbacher B, van de Veerdonk FL, Traidl-Hoffmann C, Picard C, Marodi L, Morio T, Kobayashi M, Lilic D, Milner JD, Holland S, Casanova JL, Puel A (xuño de 2016). "Heterozygous STAT1 gain-of-function mutations underlie an unexpectedly broad clinical phenotype". Blood 127 (25): 3154–64. PMC 4920021. PMID 27114460. doi:10.1182/blood-2015-11-679902.
- ↑ Dupuis S, Jouanguy E, Al-Hajjar S, Fieschi C, Al-Mohsen IZ, Al-Jumaah S, Yang K, Chapgier A, Eidenschenk C, Eid P, Al Ghonaium A, Tufenkeji H, Frayha H, Al-Gazlan S, Al-Rayes H, Schreiber RD, Gresser I, Casanova JL (marzo de 2003). "Impaired response to interferon-alpha/beta and lethal viral disease in human STAT1 deficiency". Nature Genetics 33 (3): 388–91. PMID 12590259. doi:10.1038/ng1097.
- ↑ Ouchi T, Lee SW, Ouchi M, Aaronson SA, Horvath CM (maio de 2000). "Collaboration of signal transducer and activator of transcription 1 (STAT1) and BRCA1 in differential regulation of IFN-gamma target genes". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 97 (10): 5208–13. Bibcode:2000PNAS...97.5208O. PMC 25807. PMID 10792030. doi:10.1073/pnas.080469697.
- ↑ Zhang X, Wrzeszczynska MH, Horvath CM, Darnell JE (outubro de 1999). "Interacting regions in Stat3 and c-Jun that participate in cooperative transcriptional activation". Molecular and Cellular Biology 19 (10): 7138–46. PMC 84707. PMID 10490649. doi:10.1128/MCB.19.10.7138.
- ↑ Deberry C, Mou S, Linnekin D (outubro de 1997). "Stat1 associates with c-kit and is activated in response to stem cell factor". The Biochemical Journal 327 (1): 73–80. PMC 1218765. PMID 9355737. doi:10.1042/bj3270073.
- ↑ Zhang JJ, Vinkemeier U, Gu W, Chakravarti D, Horvath CM, Darnell JE (decembro de 1996). "Two contact regions between Stat1 and CBP/p300 in interferon gamma signaling". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 93 (26): 15092–6. Bibcode:1996PNAS...9315092Z. PMC 26361. PMID 8986769. doi:10.1073/pnas.93.26.15092.
- ↑ Vidal M, Ramana CV, Dusso AS (abril de 2002). "Stat1-vitamin D receptor interactions antagonize 1,25-dihydroxyvitamin D transcriptional activity and enhance stat1-mediated transcription". Molecular and Cellular Biology 22 (8): 2777–87. PMC 133712. PMID 11909970. doi:10.1128/mcb.22.8.2777-2787.2002.
- 1 2 Olayioye MA, Beuvink I, Horsch K, Daly JM, Hynes NE (xuño de 1999). "ErbB receptor-induced activation of stat transcription factors is mediated by Src tyrosine kinases". The Journal of Biological Chemistry 274 (24): 17209–18. PMID 10358079. doi:10.1074/jbc.274.24.17209.
- 1 2 Xia L, Wang L, Chung AS, Ivanov SS, Ling MY, Dragoi AM, Platt A, Gilmer TM, Fu XY, Chin YE (agosto de 2002). "Identification of both positive and negative domains within the epidermal growth factor receptor COOH-terminal region for signal transducer and activator of transcription (STAT) activation". The Journal of Biological Chemistry 277 (34): 30716–23. PMID 12070153. doi:10.1074/jbc.M202823200.
- ↑ Pang Q, Fagerlie S, Christianson TA, Keeble W, Faulkner G, Diaz J, Rathbun RK, Bagby GC (xullo de 2000). "The Fanconi anemia protein FANCC binds to and facilitates the activation of STAT1 by gamma interferon and hematopoietic growth factors". Molecular and Cellular Biology 20 (13): 4724–35. PMC 85895. PMID 10848598. doi:10.1128/mcb.20.13.4724-4735.2000.
- ↑ Reuter TY, Medhurst AL, Waisfisz Q, Zhi Y, Herterich S, Hoehn H, Gross HJ, Joenje H, Hoatlin ME, Mathew CG, Huber PA (outubro de 2003). "Yeast two-hybrid screens imply involvement of Fanconi anemia proteins in transcription regulation, cell signaling, oxidative metabolism, and cellular transport". Experimental Cell Research 289 (2): 211–21. PMID 14499622. doi:10.1016/s0014-4827(03)00261-1.
- ↑ Pang Q, Christianson TA, Keeble W, Diaz J, Faulkner GR, Reifsteck C, Olson S, Bagby GC (setembro de 2001). "The Fanconi anemia complementation group C gene product: structural evidence of multifunctionality". Blood 98 (5): 1392–401. PMID 11520787. doi:10.1182/blood.v98.5.1392.
- 1 2 Usacheva A, Smith R, Minshall R, Baida G, Seng S, Croze E, Colamonici O (xuño de 2001). "The WD motif-containing protein receptor for activated protein kinase C (RACK1) is required for recruitment and activation of signal transducer and activator of transcription 1 through the type I interferon receptor". The Journal of Biological Chemistry 276 (25): 22948–53. PMID 11301323. doi:10.1074/jbc.M100087200.
- ↑ Usacheva A, Tian X, Sandoval R, Salvi D, Levy D, Colamonici OR (setembro de 2003). "The WD motif-containing protein RACK-1 functions as a scaffold protein within the type I IFN receptor-signaling complex". Journal of Immunology 171 (6): 2989–94. PMID 12960323. doi:10.4049/jimmunol.171.6.2989.
- ↑ Li X, Leung S, Kerr IM, Stark GR (abril de 1997). "Functional subdomains of STAT2 required for preassociation with the alpha interferon receptor and for signaling". Molecular and Cellular Biology 17 (4): 2048–56. PMC 232052. PMID 9121453. doi:10.1128/mcb.17.4.2048.
- ↑ Chatterjee-Kishore M, van Den Akker F, Stark GR (xullo de 2000). "Adenovirus E1A down-regulates LMP2 transcription by interfering with the binding of stat1 to IRF1". The Journal of Biological Chemistry 275 (27): 20406–11. PMID 10764778. doi:10.1074/jbc.M001861200.
- ↑ Horvath CM, Stark GR, Kerr IM, Darnell JE (decembro de 1996). "Interactions between STAT and non-STAT proteins in the interferon-stimulated gene factor 3 transcription complex". Molecular and Cellular Biology 16 (12): 6957–64. PMC 231699. PMID 8943351. doi:10.1128/mcb.16.12.6957.
- ↑ Takeda A, Hamano S, Yamanaka A, Hanada T, Ishibashi T, Mak TW, Yoshimura A, Yoshida H (maio de 2003). "Cutting edge: role of IL-27/WSX-1 signaling for induction of T-bet through activation of STAT1 during initial Th1 commitment". Journal of Immunology 170 (10): 4886–90. PMID 12734330. doi:10.4049/jimmunol.170.10.4886.
- ↑ Zhang JJ, Zhao Y, Chait BT, Lathem WW, Ritzi M, Knippers R, Darnell JE (decembro de 1998). "Ser727-dependent recruitment of MCM5 by Stat1alpha in IFN-gamma-induced transcriptional activation". The EMBO Journal 17 (23): 6963–71. PMC 1171044. PMID 9843502. doi:10.1093/emboj/17.23.6963.
- ↑ DaFonseca CJ, Shu F, Zhang JJ (marzo de 2001). "Identification of two residues in MCM5 critical for the assembly of MCM complexes and Stat1-mediated transcription activation in response to IFN-gamma". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 98 (6): 3034–9. Bibcode:2001PNAS...98.3034D. PMC 30602. PMID 11248027. doi:10.1073/pnas.061487598.
- 1 2 Kristof AS, Marks-Konczalik J, Billings E, Moss J (setembro de 2003). "Stimulation of signal transducer and activator of transcription-1 (STAT1)-dependent gene transcription by lipopolysaccharide and interferon-gamma is regulated by mammalian target of rapamycin". The Journal of Biological Chemistry 278 (36): 33637–44. PMID 12807916. doi:10.1074/jbc.M301053200.
- ↑ Liao J, Fu Y, Shuai K (maio de 2000). "Distinct roles of the NH2- and COOH-terminal domains of the protein inhibitor of activated signal transducer and activator of transcription (STAT) 1 (PIAS1) in cytokine-induced PIAS1-Stat1 interaction". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 97 (10): 5267–72. Bibcode:2000PNAS...97.5267L. PMC 25817. PMID 10805787. doi:10.1073/pnas.97.10.5267.
- ↑ Xie B, Zhao J, Kitagawa M, Durbin J, Madri JA, Guan JL, Fu XY (xuño de 2001). "Focal adhesion kinase activates Stat1 in integrin-mediated cell migration and adhesion". The Journal of Biological Chemistry 276 (22): 19512–23. PMID 11278462. doi:10.1074/jbc.M009063200.
- ↑ Wong AH, Tam NW, Yang YL, Cuddihy AR, Li S, Kirchhoff S, Hauser H, Decker T, Koromilas AE (marzo de 1997). "Physical association between STAT1 and the interferon-inducible protein kinase PKR and implications for interferon and double-stranded RNA signaling pathways". The EMBO Journal 16 (6): 1291–304. PMC 1169727. PMID 9135145. doi:10.1093/emboj/16.6.1291.
- ↑ Wong AH, Durbin JE, Li S, Dever TE, Decker T, Koromilas AE (abril de 2001). "Enhanced antiviral and antiproliferative properties of a STAT1 mutant unable to interact with the protein kinase PKR". The Journal of Biological Chemistry 276 (17): 13727–37. PMID 11278865. doi:10.1074/jbc.M011240200.
- ↑ Li X, Leung S, Qureshi S, Darnell JE, Stark GR (marzo de 1996). "Formation of STAT1-STAT2 heterodimers and their role in the activation of IRF-1 gene transcription by interferon-alpha". The Journal of Biological Chemistry 271 (10): 5790–4. PMID 8621447. doi:10.1074/jbc.271.10.5790.
- ↑ Dumler I, Kopmann A, Wagner K, Mayboroda OA, Jerke U, Dietz R, Haller H, Gulba DC (agosto de 1999). "Urokinase induces activation and formation of Stat4 and Stat1-Stat2 complexes in human vascular smooth muscle cells". The Journal of Biological Chemistry 274 (34): 24059–65. PMID 10446176. doi:10.1074/jbc.274.34.24059.
- ↑ Fagerlund R, Mélen K, Kinnunen L, Julkunen I (agosto de 2002). "Arginine/lysine-rich nuclear localization signals mediate interactions between dimeric STATs and importin alpha 5". The Journal of Biological Chemistry 277 (33): 30072–8. PMID 12048190. doi:10.1074/jbc.M202943200.
- ↑ Gunaje JJ, Bhat GJ (outubro de 2001). "Involvement of tyrosine phosphatase PTP1D in the inhibition of interleukin-6-induced Stat3 signaling by alpha-thrombin". Biochemical and Biophysical Research Communications 288 (1): 252–7. Bibcode:2001BBRC..288..252G. PMID 11594781. doi:10.1006/bbrc.2001.5759.
- ↑ Spiekermann K, Biethahn S, Wilde S, Hiddemann W, Alves F (aqgosto de 2001). "Constitutive activation of STAT transcription factors in acute myelogenous leukemia". European Journal of Haematology 67 (2): 63–71. PMID 11722592. doi:10.1034/j.1600-0609.2001.t01-1-00385.x.
- ↑ Cirri P, Chiarugi P, Marra F, Raugei G, Camici G, Manao G, Ramponi G (outubro de 1997). "c-Src activates both STAT1 and STAT3 in PDGF-stimulated NIH3T3 cells". Biochemical and Biophysical Research Communications 239 (2): 493–7. Bibcode:1997BBRC..239..493C. PMID 9344858. doi:10.1006/bbrc.1997.7493.
- ↑ Wang Y, Wu TR, Cai S, Welte T, Chin YE (xullo de 2000). "Stat1 as a component of tumor necrosis factor alpha receptor 1-TRADD signaling complex to inhibit NF-kappaB activation". Molecular and Cellular Biology 20 (13): 4505–12. PMC 85828. PMID 10848577. doi:10.1128/mcb.20.13.4505-4512.2000.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cebulla CM, Miller DM, Sedmak DD (2000). "Viral inhibition of interferon signal transduction". Intervirology 42 (5–6): 325–30. PMID 10702714. doi:10.1159/000053968.
- Kisseleva T, Bhattacharya S, Braunstein J, Schindler CW (febreiro de 2002). "Signaling through the JAK/STAT pathway, recent advances and future challenges". Gene 285 (1–2): 1–24. PMID 12039028. doi:10.1016/S0378-1119(02)00398-0.
- Joseph AM, Kumar M, Mitra D (xaneiro de 2005). "Nef: "necessary and enforcing factor" in HIV infection". Current HIV Research 3 (1): 87–94. PMID 15638726. doi:10.2174/1570162052773013.