Selaya
Aparencia
| Selaya | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||

Selaya é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, España. Limita polo norte e polo oeste con Villacarriedo, polo sur con Vega de Pas e polo leste con San Roque de Riomiera. Atópase na comarca do Pas-Miera (ou Valles Pasiegos) e polo seu territorio discorren os ríos Pisueña e Campillo, afluente do primeiro.
Localidades
[editar | editar a fonte]- Bustantegua
- Campillo
- Pisueña
- Selaya (capital)
Economía
[editar | editar a fonte]Un 26,9 % da poboación activa do municipio emprégase no sector primario, un 18,3 % na construción, un 12,9 % na industria e un 41,9 % no sector terciario. A taxa de actividade é do 52,2 % e a taxa de paro é do 11,9 %.
Demografía
[editar | editar a fonte]Selaya presenta un perfil demográfico envellecido, onde os maiores de 65 anos representan o 19,3 % da poboación e os menores un 12,8 %. A idade media sitúase arredor dos 42 anos.
Nota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.
Administración
[editar | editar a fonte]
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Selaya |
