Up (filme)
| Up | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Up (en galego, No alto ou Subir, dependendo do contexto) é unha película de animación 3D xerada por computador e producida por Pixar Animation Studios, estreada nos EUA o 29 de maio de 2009 e distribuída por Walt Disney Pictures. Está dirixida por Pete Docter, director de Monsters, Inc., e conta coas voces de Edward Asner, Christopher Plummer, Jordan Nagai e John Ratzenberger. Nela traballaron uns 70 animadores.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Carl Fredricksen (Ed Asner) é un vendedor de globos xa xubilado, de 78 anos. De neno coñecera unha nena chamada Ellie, coa que terminara casando. Desde cativos soñaran con explorar Suramérica e coñecer "as fervenzas Paraíso", pero Ellie faleceu sen poder logralo.
Pero cando se ve acosado por empresas urbanísticas para deixar a súa casa, e é forzado a retirarse a un asilo, Carl decide cumprir o soño da parella. Fai voar a súa casa, atándolle miles de globos de helio. Pero ao pouco de comezar o voo, descobre que leva un polisón, un explorador de 8 anos chamado Russell (Jordan Nagai). Tras atravesar tormentas tropicais, ambos os dous chegan á selva, e atopan o ídolo da infancia de Carl, un explorador que non dubida en querer matalos para atopar unha ave.
Finalmente, Carl e Russell regresan á vila de orixe nun dirixible, vivindo en calma e lembrando a súa aventura.
Premios
[editar | editar a fonte]- Oscar ó mellor filme de animación, 2009.
- Oscar á mellor banda sonora, 2009.
- A película acadou o Globo de Ouro á mellor película animada e á mellor banda sonora no 2010.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Up páxina oficial de Disney (en inglés).
- Up na Internet Movie Database (en inglés).
- Filmes de Pixar
- Óscar ó mellor filme de animación
- Filmes de 2009
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de 2009 en 3D
- Filmes dirixidos por Pete Docter
- Filmes de Walt Disney Pictures
- Filmes sobre animais
- Filmes sobre a viuvez
- Filmes sobre a vellez
- Filmes sobre cans
- Filmes ambientados en América do Sur
- Filmes ambientados en Venezuela