Saltar ao contido

Vic Buckingham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVic Buckingham

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de outubro de 1915 Editar o valor en Wikidata
Greenwich Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Chichester Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1934 Editar o valor en Wikidata - 1949 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaInglaterra Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1934–1935 Northfleet United F.C.
1935–1949 Tottenham Hotspur 204(1)
  Adestrador Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
– Bradford Park Avenue (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5686802 WikiTree: Buckingham-3239

Victor Frederick Buckingham, coñecido como Vic Buckingham, nado en Greenwich o 23 de outubro de 1915 e finado en Chichester o 26 de xaneiro de 1995, foi un futbolista e adestrador inglés. Desenvolveu toda a súa carreira como futbolista no Tottenham Hotspur, na segunda división inglesa. Como adestrador gañou a FA Cup de 1954 co West Bromwich Albion, co que ademais acabou subcampión da liga esa mesma tempada. Adestrou durante dous períodos o AFC Ajax, levando o equipo a gañar a Eredivisie de 1960 e facendo debutar en 1964 a Johan Cruyff. En 1971 gañou a Copa do Xeneralísimo co FC Barcelona e foi subcampión de liga. Tamén pasou polos bancos do Fulham FC, o Sheffield Wednesday e de varios equipos gregos. Está considerado como un pioneiro da filosofía futbolística coñecida como fútbol total, que posteriormente desenvolveu o seu pupilo Johan Cruyff.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entrou no Tottenham Hotspur en 1934 e xogou a primeira tempada no filial deste, o Northfleet United. Na seguinte campaña debutou co primeiro equipo na Segunda División, onde acumulou durante os seguintes anos 230 partidos, primeiro como centrocampista defensivo e máis tarde como defensa.

Comezou a súa carreira como adestrador na Universidade de Oxford entre 1949 e 1950. A continuación dirixiu o equipo de afeccionados conxunto das universidades de Oxford e Cambridge, o Pegasus. Con este equipo gañou en 1951 a FA Amateur Cup, derrotando ao Bishop Auckland na final por 2-1, ante unha multitude de 100.000 persoas no estadio de Wembley.[1] Entre 1951 e 1953 dirixiu o Bradford Park Avenue.

En 1953 foi contratado polo West Bromwich Albion como substituto de Jesse Carver que regresou a Italia. Gañou a FA Cup en 1954, derrotando na final ao Preston North End de Tom Finney por 3-2, e estivo a piques de sumar un segundo título esa mesma tempada, ao acabar segundo na liga.[2]

En 1959 converteuse no adestrador do Ajax de Ámsterdam, co que gañou a Eredivisie 1959/60. Por motivos persoais deixou o club a finais de maio de 1960, un par de semanas antes de rematar a tempada 1960/61.[3]

A continuación fichou polo Sheffield Wednesday, subcampión do campionato inglés 1960/61, onde substituíu a Harry Catterick. Adestrou o Wednesday ata o seu despedimento en 1964, obtendo tres sextos postos consecutivos na liga.[4]

Para a tempada 1964/65 regresou ao Ajax, onde o seu único éxito foi facer debutar a Johan Cruyff. Por outra banda, os malos resultados, incluída unha derrota por 4-9 en Rotterdam ante o Feyenoord, fixeron que o Ajax caese preto da zona de descenso. Foi substituído por Rinus Michels.

De regreso a Inglaterra, uniuse ao Fulham FC de Londres a metade da tempada 1964/65. Adestrou o club ata 1968, cando acabou descendendo.

Despois dunha breve etapa en Grecia foi contratado en 1969 polo FC Barcelona. Co club catalán gañou a Copa do Xeneralísimo 1970/71, tras derrotar por 4-3 na prórroga da final ao Valencia. Esa mesma tempada o Barcelona foi subcampión da liga, por detrás do propio Valencia, despois de rematar empatados a puntos. Foi de novo substituído por Rinus Michels.

En febreiro de 1972 foi contratado polo Sevilla FC para tentar evitar o descenso, pero non o conseguiu. Despois volveu a Grecia, onde se converteu no adestrador do Olympiacos, co que acabou terceiro na liga. O seu último traballo como adestrador foi co AS Rodos, equipo tamén da primeira división grega, e co que non puido conseguir a permanencia.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Era fillo de Annie Elizabeth Jenkins e William George Buckingham.[5] Casou con Lilian Emma King e tivo tres fillos.[5] Morreu aos 79 anos en Chichester.[6]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

West Bromwich Albion

Ajax

Barcelona

  1. ↑ Ward, Andrew; Williams, John (2009). Football Nation : Sixty Years of the Beautiful Game. Londres: Bloomsbury Publishing. p. 42.
  2. ↑ "Vic Buckingham". fulhamfc.com (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2022.
  3. ↑ "Spurgeon trainer van Ajax". De Volkskrant (en neerlandés). 1 de maio de 1961. p. 10.
  4. ↑ Davies, John (10 de abril de 1964). "Wednesday sack Buckingham". Daily Mail (en inglés). p. 20.
  5. 1 2 "Victor Frederick Buckingham" (en neerlandés). Consultado o 8 de marzo de 2022.
  6. ↑ "OBITUARIES:Vic Buckingham" (en inglés). 30 de xaneiro de 1995. Consultado o 8 de marzo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]