Saltar ao contido

Florianópolis

Florianópolis
 Nome orixinal
    Florianópolis (pt) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Florianópolis (pt) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
florianopolitano (pt-br)
florianopolitano (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
Fotomontaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Himno
Características
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
 Órgano lexislativo
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1726 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Comparte fronteira con
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
25.709 (1872) censo
30.687 (1890) censo
32.229 (1900) censo
41.338 (1920) censo
46.771 (1940) censo
67.630 (1950) censo
98.520 (1960) censo
143.414 (1970) censo
138.337 (1970) censo
187.880 (1980) censo
196.055 (1980) censo
255.390 (1991) censo
254.941 (1991) censo
341.781 (2000) censo
342.315 (2000) censo
396.723 (2007)
402.346 (2008) estimación
408.161 (2009) estimación
421.240 (2010) censo
427.298 (2011) estimación
433.158 (2012) estimación
453.285 (2013) estimación
461.524 (2014) estimación
469.690 (2015) estimación
477.798 (2016) estimación
485.838 (2017) estimación
492.977 (2018) estimación
500.973 (2019) estimación
508.826 (2020) estimación
516.524 (2021) estimación
537.211 (2022) censo
576.361 (2024) estimación
587.486 (2025) estimación Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
   0,847 Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   675,409 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   3 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal88000-000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap296561 Editar o valor en Wikidata
VIAF153611732 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01t61b Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 201954
Wikidata G:Commons C:Commons

Florianópolis, coñecida coloquialmente como Floripa,[1][2] é a capital do estado de Santa Catarina, no sur do Brasil. Ocupa toda a illa de Santa Catarina e tamén unha pequena parte do continente. A área do municipio, comprendendo a parte continental e a illa, ocupa 436,5 km2 , e tiña unha poboación de 341.781 habitantes segundo o Censo 2000. Ao contrario que noutros estados brasileiros, Florianópolis non é a cidade con maior poboación do estado, senón a segunda.

O concello divídese nos distritos de: Sede, Barra da Lagoa, Cachoeira do Bom Jesus, Campeche, Canasvieiras, Ingleses do Rio Vermelho, Lagoa da Conceição, Pântano do Sul, Ratones, Ribeirão da Ilha, Santo Antônio de Lisboa e São João do Rio Vermelho.

Os primeiros habitantes da rexión de Florianópolis foron os indios tupis-guaranís. Practicaban a agricultura, mais tiñan na pesca e colleita de moluscos as actividades básicas para a súa subsistencia. Os indicios da súa presenza atópanse nos sambaquis e sitios arqueolóxicos. Os rexistros máis antigos datan de 4800 a.C.

Xa no inicio do século XVI, había embarcacións que se abastecían de auga e víveres. En 1675 Francisco Dias Velho dá inicio ó poboación da illa con europeos coa fundación da Nosa Señora do Desterro (actual Florianópolis) - segundo núcleo de poboamento máis antigo do Estado, aínda que formaba parte da vila de Laguna - desempeñando un importante papel político na colonización da rexión. A partir desta data intensifícase o fluxo de paulistas e vicentistas que ocupan outros puntos do litoral. O 23 de marzo de 1726, dáselle a categoría de vila, logo do seu separación de Laguna.

A illa de Santa Catarina, pola súa posición estratéxica como vangarda dos dominios portugueses no Brasil meridional, pasou a ser ocupada militarmente a partir de 1737, cando comezan a ser erixidas as fortalezas necesarias para a defensa do seu territorio. Ese feito resultou ser un paso importante na ocupación da illa. Coa ocupación, prosperaron a agricultura e a industria manufatureira de algodón e liño, permanecendo, aínda hoxe, físgoas dese pasado no que se refire á confección artesanal da fariña de mandioca e das rendas de bilro (pequena peza de madeira). Nesta época, mediados do século XVIII, verifícase a implantación de frotas para a pesca da balea, en Armação da Piedade (Governador Celso Ramos) e Armação do Pantano do Sul (Florianópolis), comercializando a Coroa o aceite fóra de Santa Catarina, non tendo beneficio económico a rexión.

No século XIX, Desterro foi elevada á categoría de cidade; capital da Provincia de Santa Catarina en 1823, inaugurou un período de prosperidade, co investimento de recursos federais. Proxectouse a mellora do porto e a construción de edificios públicos, entre outras obras urbanas. A modernización política e a organización de actividades culturais tamén destacaron, marcando inclusive os preparativos para a recepción do Emperador Don Pedro II (1845).

Coa chegada da República (1889), as resistencias locais ó novo goberno provocaron un distanciamento do goberno central e a diminución dos seus investimentos. A vitoria das forzas comandadas polo Mariscal Floriano Peixoto determinaron en 1894 o cambio do nome da cidade a Florianópolis, en homenaxe a este oficial. A cidade, ó entrar no século XX, pasou por profundas transformacións, sendo a construción civil un dos seus principais soportes económicos. A implantación das redes básicas de enerxía eléctrica e do sistema de fornecemento de auga e da rede de sumidoiros sumáronse á construción da Ponte Governador Hercílio Luz, como marcos do proceso de desenvolvemento urbano.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Cantidade de poboaciónAno0100.000200.000300.000400.000500.000600.0001860189019201950198020102040FlorianópolisEstatísticas de poboaciónNota: Este gráfico xerouse automaticamente a partir de datos recollidos de Wikidata. Se precisa cambiar ou actualizar algún dos datos, fágao no propio Wikidata.

Economía

[editar | editar a fonte]
Lagoa da Conceição, grande laguna natural de Florianópolis.

Florianópolis ten a súa base económica no comercio, servizos públicos, industria de transformación e turismo. Recentemente a industria téxtil e a informática tamén colleron pulo. En canto ao turismo, nas súas praias e nas localidades que conservan o seu sabor antigo, como o Ribeirão da Ilha, a Lagoa da Conceição, Santo Antônio de Lisboa e o propio centro histórico da cidade de Florianópolis.

  1. ↑ "Home". Floripa.com (en portugués). Consultado o 2026-08-20.
  2. ↑ "O-que-fazer-em-Florianopolis". Civitatis.com. Consultado o 20 de agosto de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]