Como cabeza comarcal é sede do Consello Comarcal e duns xulgados de primeira instancia. Posúe tamén un instituto e unha escola de capacitación agraria.
Unha actividade económica importante do municipio é a produción vinícola. A localidade é a sede do Consello regulador da denominación de orixe Terra Alta. Tamén se cultivan cereais de secaño, amendoeiras e oliveiras (o aceite da Terra Alta goza do recoñecemento dunha denominación de orixe protexida).
Cabe destacar que hoxe en día perdeu importancia a actividade agrícola, gañando importancia a industria, principalmente a de manipulación de papel e cartón.
Sitio arqueolóxico do Coll do Mouro. Trátase dun asentamernto da tribo ibérica dos ilercavones situado nos arredores da poboación.
Igrexa da Asunción, con elementos románicos.
Palacio do Castelán, con elementos arquitectónicos dos ss. XIII e XIV.
Cooperativa agrícola. De estilo modernista, é unha das mellores obras do arquitecto Cèsar Martinell xunto á cooperativa agrícola de o Pinell de Brai e foi declarada Ben de Interese Cultural na categoría de monumento pola Generalitat de Cataluña.
Centro de Estudos da Batalla do Ebro.
A Fontcalda, a 13km do pobo. É unha paraxe natural de gran beleza, a beiras do río Canaletas.
Serra de Pandols. Lugar desde onde se pode gozar dunha magnifica vista e contemplar o Monumento á Paz que se construíu para recordar aos combatentes que morreron nestas paraxes durante a Batalla do Ebro da Guerra Civil (1938-1939).